GALICIA
Unha guía para cada paisaxe
Buscan ser unha ferramenta efectiva para contribuír á conservación e ao mantemento das paisaxes onde se aplican
A necesidade de avanzar na protección de todas as formas de paisaxe existentes en Galicia —naturais, rurais, urbanas e periurbanas— plasmouse na última década na edición e difusión dunha serie de guías monográficas por parte da Xunta cuxo principal obxectivo é mellorar a xestión e a conservación destes recursos patrimoniais de gran valor.
De feito, as guías de boas prácticas e recomendacións son unha ferramenta prevista no regulamento da Lei 7/2008, de protección da paisaxe de Galicia co obxecto de divulgar os valores paisaxísticos da Comunidade e que certo tipo de actuacións —edificacións de calquera natureza, peches, equipamentos de uso público, etc.— poidan lograr unha boa integración coa contorna onde se sitúan.
Unha das finalidades máis importantes destes manuais de boas prácticas é que co seu emprego por parte dos diversos tipos de usuarios se facilita unha aplicación correcta das disposicións legais existentes, fomentando así prácticas axeitadas no desenvolvemento de cada tipo de intervención que se desexe facer acorde ao seu contido.
Desde o ano 2012 e atendendo ás diferentes demandas sociais e ás necesidades que van xurdindo, o Goberno galego leva traballando de forma continuada na elaboración deste tipo de guías. Ata o momento xa se publicaron un total de 11, pero hai varias máis en proceso de elaboración e outras propostas que se están a valorar. O investimento destinado pola Xunta á elaboración de todo este material —incluíndo tanto as guías publicadas como as que están en fase de redacción— ascende a máis de 400.000 euros.
Na práctica, estas guías teñen demostrado xa ser unha ferramenta efectiva para contribuír á conservación e ao mantemento das paisaxes onde se aplican, e ademais invitan a seguir con esta iniciativa nos vindeiros anos para homoxeneizar criterios e boas prácticas na planificación e deseño de futuras intervencións sobre o territorio.
Guías xa publicadas
As 11 guías que no marco da colección Paisaxe Galega xa se publicaron e están dispoñibles na web do IET para a súa descarga son as seguintes:
- Guía Estudos de Impacto e Integración Paisaxística (2012).
- Guía de criterios de sustentabilidade e integración paisaxística dos establecementos de acuicultura litoral (2013).
- Guía de boas prácticas para a intervención nos núcleos rurais (2013).
- Guía de boas prácticas de intervención en sistemas praia-duna (2013).
- Guía de caracterización e integración paisaxística de valados (2017).
- Guía de cor e materiais de Galicia (2017).
- Guía de estudos da paisaxe urbana (2019).
- Guía de boas prácticas en intervencións en espazos públicos (2020).
- 9Guía de boas prácticas para a integración paisaxística das actividades extractivas (2020).
- Guía da paisaxe no tempo (2020).
- Guía de boas prácticas para a identificación e acondicionamento de miradoiros (2021).
Novas Guías
No Plan Estratéxico da Paisaxe Galega 2021-2024, aprobado no mes de marzo, inclúese tamén a elaboración de novas guías que virán completar a colección Paisaxe Galega e fomentarán a recuperación de espazos degradados para poder desfrutar dunha paisaxe de calidade mediante a aplicación das Directrices. Entre estas publicacións en fase de redacción cómpre subliñar catro.
Aprimeira é a Guía de boas prácticas sobre deseño e instalación de cartelaría comercial. Con esta guía de boas prácticas preténdese establecer criterios e directrices a aplicar na introdución de letreiros e rótulos anunciadores sobre os edificios e no territorio.
![[Img #71920]](https://xornal21.com/upload/images/10_2021/359_nucleorural.jpg)
Outra é a Guía de boas prácticas para a integración na paisaxe das instalacións de abastecemento. Con esta guía de boas prácticas preténdese establecer criterios e directrices a aplicar nos acabados das obras de fábrica, estacións de bombeos, cadros eléctricos, edificacións, depósitos e todos aqueles elementos que configuran os sistemas de abastecemento.
Tamén se atopa en fase de redacción a Guía de recomendacións básicas para evitar o impacto na paisaxe das instalacións portuarias da Xunta de Galicia que busca a integración paisaxística dos espazos portuarios que permitirá preservar e mellorar a excepcional paisaxe que rodea as diferentes edificacións que se atopan nas dársenas e terreos anexos ou auxiliares, vinculados ás diferentes actividades.
Por último estase a traballar na Guía de recomendacións básicas para a integración paisaxística de parques empresariais co obxectivo é conseguir que este tipo de actividades adapten a súas infraestruturas a unha integración coa paisaxe onde se sitúan.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49