Jueves, 19 de Marzo de 2026

Actualizada Miércoles, 18 de Marzo de 2026 a las 20:11:07 horas

Xornal21.es
Viernes, 22 de Octubre de 2021 Tiempo de lectura:
MOS

Mos anuncia melloras en dous colexios de Primaria por preto de 400.000 euros

Os traballos acometeranse nos CEIPs de Petelos e Atín antes do final deste ano e serán financiados pola Consellería de Educación na súa totalidade

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Educación mosense, Julia Loureiro, informaron onte de que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia acometerá antes de que remate o presente ano 2021 sendas obras de mellora por preto de 400.000 euros nos Colexios de Educación Infantil e Primaria mosenses de Atín e Petelos.

 

Os traballos atópanse en proceso de licitación para a contratación das empresas concesionarias, e comezarán a ser acometidos de cara ao vindeiro mes de decembro.

 

No caso do CEIP de Petelos a obra de optimización das instalacións consistirá na susbstitución de toda a carpintería de aluminio (portas e fiestras) do centro, cun orzamento de 158.626,38 euros.

 

E por outra banda, no CEIP de Atín acometerase a última fase da mellora integral do centro, co remate da renovación da carpintería de aluminio nas zonas que quedaban pendentes de substituír e substitución tamén dos falsos teitos e luminarias nos espazos nos que aínda non se fixera. Ademais procederase ao derrubamento do anexo-almacén do edificio e reparación de fachada, solicitado pola dirección e a ANPA do centro, á execución dunha rampa de acceso para solventar o acceso polo devandito antigo anexo; e demolición e desamiantado de cubrición do patio interior, cuberto con perfil gran onda de fibrocemento, para a posterior execución da nova cubrición do patio. As obras no colexio de Atín teñen un orzamento de 210.273,62 euros.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.