Viernes, 23 de Enero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 24 de Octubre de 2021 Tiempo de lectura:
O ROSAL

O Rosal presenta a súa axenda cultural de outuno

O patrimonio terá un gran protagonismo co recoñecemento aos cabaqueiros do Rosal

O que queda de outubro e o mes de novembro veñen cargados de cultura no Rosal. O Concello presentou a súa axenda de outono con máis de dez propostas para todos os públicos. A alcaldesa, Ánxela Fernández, mostrouse “moi contenta” de presentar unha axenda “que recoñece o noso patrimonio e o traballo histórico dos cabaqueiros do Rosal”, ademais de “dinamizar de forma segura a cultura do noso pobo”.


O teatro será o principal protagonista da axenda. Ata catro compañías visitarán o Auditorio Municipal os domingos ata finais de novembro. A primeira en chegar será a obra “Estrafalaria” o día 24 ás 19.00 horas, o 31 a mesma hora será a quenda da produción “Rosalía”, o 14 de novembro chegará “Estrela do Día” ás 19.00 h e, finalmente, o domingo 28 “A pluma viva de Rosalía” rematará o ciclo teatral tamén ás 19.00 h. “Será un outono para desfrutar do teatro no noso Auditorio”, conclúe a rexedora.


Paralelamente o Concello tamén organiza un ciclo de xornadas para poder descubrir o patrimonio do Rosal. O 29 de outubro ás 19.30 a mestra e escritora, Adela Leira, dará a conferencia “Sobre o barro e as telleiras” e o 30 de outubro ás 18.00 h na praza do Calvario ofrecerá unha mostra de traballo da tella coa participación dos cabaqueiros do Rosal. O 19 de novembro ás 19.30 h haberá unha formación para coñecer ferramentas informáticas para o estudo de petroglifos no sur de Galicia cunha posterior visita aos xacementos do concello ás 21.00 h e o 26 de novembro o Concello organiza unha charla sobre arqueoloxía e astronomía ás 19.30 e unha saída para observar as estrelas ás 21.00 h.


A axenda tamén recolle unha exposición do ilustrador, pintor e escultor Ramón Trigo no Salón de Exposicións do Concello dende o 5 ata o 20 de novembro, e un obradoiro de adornos caseiros o vindeiro día 19 de novembro ás 17.00 h  no Espazo de Autoarranxo con inscrición previa no Concello.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.