Martes, 03 de Marzo de 2026

Actualizada Martes, 03 de Marzo de 2026 a las 16:14:28 horas

Xornal21.es
Miércoles, 27 de Octubre de 2021 Tiempo de lectura:
TUI

O Concello de Tui apoia aos deportistas locais coa convocatoria das Becas

Destina a este fin 10 mil euros. O prazo de presentación de solicitudes remata o 8 de novembro

O concello de Tui retoma este ano a convocatoria das bolsas para deportistas locais que teñen participado neste 2021 en competicións federadas internacionais coa convocatoria das Becas a Deportistas Tudenses 2021.  En 2020 non foron convocadas debido á COVID. O obxectivo da convocatoria é facilitar a práctica deportiva e a súa participación nas competicións, valorando así a súa especial dedicación ao deporte e, á súa vez, á difusión que realizan da cidade de Tui naqueles eventos deportivos de carácter internacional.


O Concello de Tui destina neste 2021 a estas Becas a Deportistas Tudenses 2021 unha  partida de 10.000€.
Os deportistas tudenses que participaron durante este ano en competicións federadas internacionais, terán un prazo de dez días para presentar a solicitude e a documentación indicada nas bases, a través da sede electrónica do Concello de Tui.


O extracto das bases desta convocatoria vén hoxe publicado no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. As bases completas e o modelo de solicitude están dispoñibles na web municipal www.tui.gal no apartado de Deportes.

Bases e Modelo de solicitude

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.