Vigo
Voluntarios de Protección Civil fórmanse nun curso de desfibrilación en Vigo
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, acompañou esta fin de semana aos voluntarios de 10 agrupacións de Protección Civil da área de Vigo que participaron nun curso de formación en desfibrilación semiautomática externa (Desa) que consistiu nunha hora de formación teórica e outras catro horas de práctica.
Este curso vai dirixido a voluntarios, que xa teñan feito o curso básico de protección civil, e ten como obxectivo adquirir a formación necesaria para a utilización e manexo dos desfibriladores externos co fin de conseguir aumentar as taxas de supervivencia nos pacientes con morte súbita, conseguindo un acceso precoz a un sistema de emerxencias médicas. Tamén adquiren habilidades para acurtar os tempos para realizar reanimación cardiopulmonar e a desfibrilación precoz.
Neste contexto, Fernández-Tapias apuntou que “mellorar a formación é unha das pezas craves para garantir a eficacia na prestación dun servizo que é esencial para todos os galegos”.
Participaron voluntarios das agrupacións de voluntarios de Protección Civil de Vigo, Nigrán, Redondela, Marín, Mondariz, Tomiño, Ponteareas, Meis, Coristanco e A Pobra do Caramiñal.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.21