Vigo
VEGANA 2021 bota o peche da súa primeira edición con máis de 10.000 visitantes
A primeira Feira Vegana e Sostible de Galicia superou todas as expectativas. / Imagen: Carlos Casanova
Vegana 2021, a Primeira Feira Vegana e Sostible de Galicia foi clausurada a noite deste domingo cunhas cifras que “superaron as nosas expectativas máis optimistas”, manifestaron as organizadoras do evento, polo que consideran “que, unha vez feito o balance, comezaremos a traballar na próxima edición seguindo a liña que marcamos desde o principio: un evento aberto, familiar e inclusivo dirixido a todo tipo de xente comprometida coa alimentación, o medio ambiente, os animais e o planeta, en definitiva”.
En total, 121 marcas de alimentación, cosmética, artesanía, moda, calzado vegano, así como food trucks e servizos relacionados coa sostibilidade poboaron parte dos 6.000 m2 dun recinto que por momentos parecía quedar pequeno para a gran acollida amosada por parte do público asistente.
Pola súa banda, os escenarios que ocuparon outra parte dese espazo, acolleron alternativamente charlas, conferencias, debates e showcookings, algún deles dirixido especialmente ao sector hostaleiro. E é que outra das grandes apostas da organización era ofrecer boas e variadas alternativas vexetais aos locais de restauración.
Os máis pequenos da casa tampouco tiveron tempo para o aburrimento, dado que contaban cunha zona de si dividida en sectores e actividades. Contacontos, ioga, xogos de mesa, clases de cociña e actividades relacionadas coa sostibilidade ocuparon a axenda completa destes dous días.
En definitiva, a feira supuxo un gran acontecemento para a cidade de Vigo. Un lugar cómodo para as persoas veganas e un espazo atractivo para as persoas interesadas en dar un xiro cara a un modo de vida máis sostible. Do interese suscitado dan fe a cantidade de negocios que tiveron que saír para buscar mercancía e repoñer repetidas veces, outros que tiveron que deixar o seu expositor por esgotar existencias, e as colas xeradas perante moitos dos food trucks e casetas.
Varias foron tamén as autoridades que visitaron Vegana 2021. O sábado pola mañá acudiu á inauguración Ana Mª Mejías Sacaluga, concelleira de I+D e Dinamización Administrativa do Concello de Vigo, e Deputada pola provincia de Pontevedra de Novas Tecnoloxías e Desenvolvemento Empresarial. Pola tarde tomaron o relevo María del Carmen Lago, encargada da área de Turismo e Xuventude, e Yolanda Aguiar, cabeza da área de Política de Benestar Social. Tampouco se quixo perder a feira o alcalde, Abel Caballero, que aproveitou a oportunidade de achegase a varios expositores para conversar, escoitar e mesmo probar algunha dos alimentos ofrecidos como degustación.
A organización expresou a súa gratitude a través das redes sociais a todo o público asistente, aos expositores que confiaron nesta primeira edición e aos patrocinadores e colaboradores. Patricia Menéndez, Tamara Alonso e Ana Gontad fan súas as palabras pronunciadas polo alcalde durante a súa visita e afirman que “en 2022, ímolo petar!”.
A primeira Feira Vegana e Sostible de Galicia superou todas as expectativas. / Imagen: Carlos CasanovaVegana 2021, a Primeira Feira Vegana e Sostible de Galicia foi clausurada a noite deste domingo cunhas cifras que “superaron as nosas expectativas máis optimistas”, manifestaron as organizadoras do evento, polo que consideran “que, unha vez feito o balance, comezaremos a traballar na próxima edición seguindo a liña que marcamos desde o principio: un evento aberto, familiar e inclusivo dirixido a todo tipo de xente comprometida coa alimentación, o medio ambiente, os animais e o planeta, en definitiva”.
En total, 121 marcas de alimentación, cosmética, artesanía, moda, calzado vegano, así como food trucks e servizos relacionados coa sostibilidade poboaron parte dos 6.000 m2 dun recinto que por momentos parecía quedar pequeno para a gran acollida amosada por parte do público asistente.
Pola súa banda, os escenarios que ocuparon outra parte dese espazo, acolleron alternativamente charlas, conferencias, debates e showcookings, algún deles dirixido especialmente ao sector hostaleiro. E é que outra das grandes apostas da organización era ofrecer boas e variadas alternativas vexetais aos locais de restauración.
Os máis pequenos da casa tampouco tiveron tempo para o aburrimento, dado que contaban cunha zona de si dividida en sectores e actividades. Contacontos, ioga, xogos de mesa, clases de cociña e actividades relacionadas coa sostibilidade ocuparon a axenda completa destes dous días.
En definitiva, a feira supuxo un gran acontecemento para a cidade de Vigo. Un lugar cómodo para as persoas veganas e un espazo atractivo para as persoas interesadas en dar un xiro cara a un modo de vida máis sostible. Do interese suscitado dan fe a cantidade de negocios que tiveron que saír para buscar mercancía e repoñer repetidas veces, outros que tiveron que deixar o seu expositor por esgotar existencias, e as colas xeradas perante moitos dos food trucks e casetas.
Varias foron tamén as autoridades que visitaron Vegana 2021. O sábado pola mañá acudiu á inauguración Ana Mª Mejías Sacaluga, concelleira de I+D e Dinamización Administrativa do Concello de Vigo, e Deputada pola provincia de Pontevedra de Novas Tecnoloxías e Desenvolvemento Empresarial. Pola tarde tomaron o relevo María del Carmen Lago, encargada da área de Turismo e Xuventude, e Yolanda Aguiar, cabeza da área de Política de Benestar Social. Tampouco se quixo perder a feira o alcalde, Abel Caballero, que aproveitou a oportunidade de achegase a varios expositores para conversar, escoitar e mesmo probar algunha dos alimentos ofrecidos como degustación.
A organización expresou a súa gratitude a través das redes sociais a todo o público asistente, aos expositores que confiaron nesta primeira edición e aos patrocinadores e colaboradores. Patricia Menéndez, Tamara Alonso e Ana Gontad fan súas as palabras pronunciadas polo alcalde durante a súa visita e afirman que “en 2022, ímolo petar!”.



































Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180