Miércoles, 29 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 29 de Abril de 2026 a las 21:16:09 horas

Xornal21.es
Martes, 26 de Octubre de 2021 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

SmartPeme pon en marcha esta próxima semana outros catro obradoiros online

Ata o 28 de outubro o programa de asesoramento tecnolóxico oferta cursos sobre a utilización de debuxo 3D, fotografía e estratexias sobre palabras clave

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta próxima semana catro novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versarán sobre debuxo 3D con dous programas diferentes, sobre fotografía no eido do E-commerce e a utilización das palabras clave para posicionar un negocio.

 

En concreto, este martes 26 impartirase o obradoiro “Fabricación Dixital. Debuxo 3D con Onshape III – PartStudio III”. Estará a cargo de Manuel Freire, experto universitario en Robótica, quen dará a coñecer as tecnoloxías implicadas no proceso de fabricación dixital desde unha perspectiva teórica e práctica.

 

Pola tarde, terá lugar o obradoiro “Fotografía de produto para o teu E-Commerce”, a cargo de Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, onde falarase da importancia da xestión das fotografías á hora de comercializar o noso produto na rede para interesar ao noso consumidor potencial.

 

Na mañá do xoves 28 será a quenda de “Fabricación dixital. Laminador Cura I” a cargo de Manuel Freire, experto universitario en Robótica, quen dará a coñecer as tecnoloxías implicadas na fabricación dixital seguindo a mesma liña ca no obradoiro do martes 26.

 

Para finalizar, pola tarde, Adrián Fernández, Licenciado en Comunicación Audiovisual, falará da “Estratexia de palabras clave para posicionar o teu negocio en liña”, obradoiro que centrarase na boa utilización das chamadas “keywords” ou palabras clave directamente relacionadas cos motores de búsqueda.

 

As persoas interesadas poden inscribirse a través do sitio web de SmartPeme na url de cada evento. Tamén é posible facelo enviando un correo ao enderezo info.smartpeme@depo.es ou no teléfono 886 202 020.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.57

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.