VIGO
Comezan as obras de demolición dos edificios da ETEA
Trátase de dous edificios actualmente en desuso: o cuartel de mariñeiría Méndez Núñez e o cuartel de alumnos José Luis Díaz
As obras de demolición comezaron esta semana nos antigos edificios da ETEA de Vigo onde se emprazará o futuro centro integral de atención a persoas maiores de Vigo que financiará e construirá a Fundación Amancio Ortega. A súa posta en marcha suporá un investimento de 15 millóns de euros, contarán con 150 prazas públicas e permitirá a creación de 140 postos de traballo.
A demolición terá unha duración de dous meses e liberará unha parcela moi próxima ao mar para o seu uso por parte das persoas maiores
En concreto, trátase de dous edificios: o cuartel de mariñeiría Méndez Núñez e o cuartel de alumnos José Luis Díaz. Estas instalacións levan tempo en desuso, tras o cesamento da actividade das instalacións militares, e foron construídas entre as décadas do 60 e 70 do século pasado. A súa demolición liberará unha parcela moi próxima ao mar para o seu uso por parte das persoas maiores.
A demolición destes dous edificios terá unha duración aproximada de dous meses. A Fundación Amancio Ortega impulsará a creación de residencias nas sete cidades de Galicia. O centro vigués emprazarase nun lugar privilexiado precisamente polo seu acceso ao mar e vistas á ría. Ademais, permitirá a dinamización desta zona actualmente sen actividade e das zonas da súa contorna.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.21