GALICIA
A Xunta agradece ás forzas de seguridade o seu labor para velar polo cumprimento das medidas covid-19
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, presidiu a reunión da Sala de Control de Operativos (Sacop), que remata a súa función unha vez finalizada a situación de emerxencia sanitaria en Galicia
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, presidiu esta semana a reunión da Sala de Control de Operativos (Sacop) para agradecer ás forzas de seguridade o seu traballo nos meses de pandemia, tendo en conta que, coa finalización da situación de emerxencia sanitaria en Galicia, acordada polo Consello da Xunta o pasado 21 de outubro, e a conseguinte desactivación do Plan territorial de emerxencias de Galicia (Platerga) en nivel de interese galego, o Sacop queda tamén automaticamente desactivado.
Santiago Villanueva puxo en valor o traballo dos diferentes corpos que formaron parte deste órgano, que mantivo a súa actividade desde o inicio da pandemia coa activación do Plan de Emerxencia de Galicia (Platerga). Para o director xeral de Emerxencias e Interior, os axentes que formaron parte dos dispositivos implicados foron un exemplo de colaboración e de coordinación coas administracións nos dispositivos semanais que levaron a cabo para velar polo cumprimento das medidas adoptadas por mor da covid-19 “en beneficio da poboación galega e como garante dos seus dereitos e da súa saúde, combatendo o virus na primeira liña de actuación”.
Santiago Villanueva puxo en valor o traballo dos diferentes corpos que formaron parte do órgano, que tivo máis de 60 reunións e que fixo traslado de información das medidas de control sanitario adoptadas en máis de 90 ocasións
A raíz da declaración do primeiro estado de alarma en marzo de 2021 e da activación do Platerga, en Galicia activouse o Centro de coordinación Operativa (Cecop), que se reuniu en dez ocasións e que delegou as súas funcións na Sala de coordinación Operativa (Sacop) como órgano encargado de trasladar a e velar polo cumprimento das medidas de control adoptadas polas autoridades sanitarias. O órgano estaba conformado por representantes de todas as policías locais de Galicia, polos mandos da Garda Civil, da Policía Nacional e da Policía Autonómica, e polos responsables da Fundación 061, bombeiros, servizos municipais de Protección Civil e agrupacións de voluntarios de Protección Civil.
Ao longo dos últimos 20 meses, a sala de Control de Operativos (Sacop) mantivo máis de 60 reunións e trasladou información das medidas de control sanitario adoptadas en máis de 90 ocasións.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217