Miércoles, 04 de Marzo de 2026

Actualizada Miércoles, 04 de Marzo de 2026 a las 15:25:10 horas

Xornal21.es
Viernes, 29 de Octubre de 2021 Tiempo de lectura:
NIGRAN

O goberno de Nigrán consigna no pleno 490.000 € para investimentos

Igualmente, aprobouse ampliar en 10 persoas o programa ‘Xantar na Casa’ para dar cabida ao dobre de xente ou aportar 50.000 € para o convenio de transporte metropolitano

O goberno local de Nigrán aprobou en solitario no pleno ordinario desta semana unha modificación de crédito por importe de 490.000 € para destinar cartos procedentes do Remanente á compra do anunciado minibús eléctrico (320.000 €), á repatriación do mosaico romano de Panxón (40.000 €) ou á creación dun ximnasio no CEE Juan María (€), entre outras cousas.

 

"Temos a posibilidade de empregar o Remanente e o Concello de Nigrán, afortunadamente, ten unhas contas saneadas e uns aforros que non se tocaron durante moito anos e que agora podemos empregar no beneficio da veciñanza", incidíu o alcalde, Juan González, ao respecto.

 

Así, o goberno local aprobou nesta modificación consignar 40.000 € para a rehabilitación dun ximnasio no Centro de Educación Especial Juan María, onde despois de recibir por parte da Xunta 18.000 € para a adquisición de maquinaria deportiva, estaban a realizar un crowfunding para poder dispor dun espazo deportivo específico (actualmente as máquinas, xa en uso, están dispersas por todo o centro).

 

 

 

 

O goberno local, a través da Plataforma SOS Sanidade Pública, aprobou en solitario unha moción para pedir unha atención 100% presencial e máis médicos nos centros de saúde do Val Miñor

 

 

 

 

Igualmente, e como xa anunciara o goberno local, consignáronse 320.000 € para a adquisición dun minibús eléctrico que permita establecer unha liña circular no municipio, 40.000 para repatriar o mosaico romano de Panxón á venda nunha galería de EEUU e, nunha moción específica, 50.967 € como achega de Nigrán ao convenio do Transporte Metropolitano da Xunta de Galicia, aspecto no que o PP si votou a favor.

 

Xantar na Casa
Tal e como esixen as bases reguladores de ‘Xantar na Casa’, o goberno local presentou unha moción para poder duplicar as prazas de 10 a 20, xa que existe demanda ao respecto, sendo Nigrán o único municipio do Val Miñor onde funciona (arrancou en xaneiro). A cuestión foi aprobada coa unanimidade da corporación. Un día á semana os beneficiarios reciben no propio domicilio 7 bandexas cos menús correspondentes listos para quecer no microondas e con todas as garantías sanitarias (inclúen pan, primeiro plato, segundo e postre), tendo un custe simbólico para o usuario de 1,76 € por menú (Concello e Xunta aportan o resto ata 6,60 €). Así, 'Xantar na Casa' está destinado a maiores de 60 anos e tamén a dependentes ou en risco de exclusión social. En Nigrán arrancou en xaneiro de 2021 con usuarios das parroquias de Chandebrito, Panxón, Priegue, Parada e Nigrán, sendo 9 deles anciáns dependentes (dous deles matrimonios) e unha persoa con discapacitada problemas de mobilidade. Agora se completará con outras dez persoas maiores.

 

SOS Sanidade Pública
Novamente, o goberno de Nigrán aprobou en solitario no pleno unha moción presentada a través da plataforma SOS Sanidade Pública e que defendeu o seu voceiro, Jesús Araujo Nores. Ao igual que hai xa un ano,  alertouse á Xunta da necesidade de reforzar a Atención Primaria e de cambiar o antes posible o actual sistema de consulta telefónica por xa 100% presencial. Segundo datos da plataforma, o deterioro do sistema público está repercutindo nun empeoramento dos datos de saúde poboacional. Por todo elo, o Concello de Nigrán apoia a manifestación do 14 de novembro ás 12:00 horas en Santiago. A oposición do PP abstívose nesta cuestión.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.