Domingo, 15 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 28 de Octubre de 2021 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

Salceda segue a mellorar a rede viaria do rural

O Concello de Salceda de Caselas ven de rematar as obras de mellora da estrada que une os barrios de Barreiro e Pomar de Suso, na parroquia de Santa María, coordinadas pola Concellaría de Vías e obras que dirixe a tenente de alcaldesa Loli Castiñeira. O proxecto conta cun orzamento de 45.112,43 €, dos cales 37.283 € son financiados polo Agader a través do Plan de Mellora de Camiños Municipais, e o resto con fondos propios do Concello.


Procedeuse ao asfaltado dos dous tramos da estrada que se atopaban en peores condicións, e aproveitouse tamén para acondicionar a entrada ao Centro Cultural de Castro Barreiro, así como o acceso ao barrio da Retorta.

 

Tamén durante as obras se solucionaron problemas de deterioro das tubaxes de regadío, e a traída de augas veciñal aproveitou para cambiar un treito da súa rede, aforrando deste xeito o custo que lles suporía a apertura e peche da estrada.


Este tipo de obras resultan fundamentais para o mantemento e mellora da rede de viais municipais, con especial atención ás estradas do rural, indispensables para seguir a mellorar a calidade da vida das parroquias. Neste caso trátase dunha estrada moi empregada pola veciñanza dos barrios Barreiro e Feira, polo que o equipo de goberno considerou esta como unha boa proposta para incluír na subvención deste ano.


Verónica Tourón, Alcaldesa de Salceda sinalaba que “coa ampliación, acondicionamento e conservación da rede de camiños municipais o goberno pretende seguir mellorando servizos fundamentais para a veciñanza do noso rural”

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.