GALICIA
A matriculación nas escolas infantís públicas autonómicas medra un 9% este curso
O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, respondeu a unha pregunta na Comisión 5ª sobre o inicio do curso nas escolas infantís
O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, subliñou esta semana que a matriculación nas escolas infantís públicas autonómicas medrou un 9% este curso. Fíxoo nunha resposta a unha pregunta no Comisión 5ª Sanidade, Política Social e Emprego sobre o inicio do curso nos centros da comunidade.
Jacobo Rey sinalou durante a súa comparecencia que a rede de centros, públicos e privados, que ten Galicia permite que sexa a cuarta comunidade de España con máis matriculacións nas escolas infantís. O 42,9% dos nenos de 0 a 3 anos —sete puntos por riba da media nacional e dez puntos máis da ratio mínima que aconsella a Unión Europea— están inscritos nalgunha escola.
Galicia é a cuarta comunidade de España con máis inscritos na etapa de 0 a 3 anos
Así mesmo, o director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica explicou que o próximo curso 2022/2023 o Goberno galego poñerá en marcha a gratuidade para todos os nenos e nenas que acudan a unha escola infantil, sexa cal sexa a titularidade desta. Trátase dunha medida pioneira en España e que sitúa a Galicia á vangarda na atención infantil.
Neste sentido, Jacobo Rey sinalou que medidas coma esta non impiden continuar mellorando nas instalacións de titularidade autonómica. Por iso, salientou que neste verán se realizaron obras de mellora en máis de 40 escolas infantís públicas, cun investimento total de 2,6 millóns de euros para acondicionar e renovar as instalacións e que os nenos e nenas puidesen comezar o curso con todas as comodidades.
Máis de 500 centros
Galicia dispón dun dos mellores sistemas de educación infantil de España, con máis de 500 centros públicos e privados repartidos polas catro provincias, que superan no seu conxunto as 25.000 prazas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217