Xornal21.es
Lunes, 01 de Noviembre de 2021 Tiempo de lectura:
VIGO
Os colectivos de Teis molestos coas declaracións do Alcalde de Vigo
O xoves 21 de outubro os colectivos de Teis encabezados polas ANPAS convocaron unha concentración ante o antigo Ambulatorio de Teis apoiando a construción dunha biblioteca para o barrio de Teis e insistindo na características mínimas que está debía ter.
Ante o éxito da convocatoria a organización decidíu saír en manifestación ata o mercado de Teis, onde ao remate se puideron escoitar cales son as principais demamdas sobre este tema.
A resposta do Concello de Vigo non se fixo agardar e ao día seguinte o alcalde responde ao barrio nunhas declaracións públicas aos medio de comunicación.
Ante estas declaracións os veciños explican que "por unha banda parabenizamonos de que o Alcalde, unha vez máis, manifeste que Teis vai ter a biblioteca que se merece. Estas palabras serían suficientes se non fora porque xa vai para seis anos que manifestou o mesmo, e máis recentemente asegurou o inicio das obras no 2021 e a súa inauguración no 2022. A estas alturas seguimos sen ter novas da súa licitación e do seu proxecto".
Por outra banda aseguran que oubo "un intento de descalificar e desacreditar, liga as nosas accións pola biblioteca de Teis e as veciñas e veciños que acudiron á manifestación, cunha organización política tratando deste xeito de deslixitimar a demanda de todo un barrio. Na concentración dese xoves todas fumos testigos da diversidade existente".
Por todo isto califican de "inoportuna e desacertada a intención de descalificar aos asistentes que non son máis que veciños e veciñas do barrio que se moveron co único obxectivo de apoiar a construción desta biblioteca e demandar que o barrio sexa escoitado e tido en conta".
Por último aseguran alegrarse "de que públicamente confirme a construción desta biblioteca, pero resúltanos insuficiente a estas alturas se non se nos traslada a documentación suficiente que así o asegure e se nos escoite como barrio nas demandas que temos sobre esta infraestructura".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129