Viernes, 30 de Enero de 2026

Xornal21.es
Martes, 02 de Noviembre de 2021 Tiempo de lectura:
GONDOMAR

Gondomar lidera accións conxuntas contra o proxecto eólicob“A Paraguda”

Alegaciones, mocións ou movilizacións algunhas das medidas que se adoptarán para a defensa do territorio

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, presidiu a semana pasada unha reunión co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o presidente da Entidade Local de Morgadáns, Alfonso Misa, e representantes de distintas asociacións ecolóxicas da zona, así como da Comunidade de Montes de Peitieiros, cuxos terreos se verían afectados pola localización de muíños eólicos “algo que non estamos dispostos a aceptar. Defenderemos a nosa contorna natural como ata o de agora”, manifestou o rexedor gondomareño.

 

A postura é unánime entre todos os asistentes a este encontro que desde fai máis de dez anos veñen facendo fronte común ante o Rexistro Eólico de Galicia e as diferentes propostas que as industrias do sector quixeron levar a cabo, ou teñen aínda sobre a mesa. A última sorpresa o proxecto “A Paraguda”, parque eólico previsto para os montes de Gondomar e Tui, na mesma entrada do Parque Natural do Monte Aloia.

 

O proxecto, todavía en proceso de admisión por parte da Xunta de Galicia, contempla a colocación de 4 muíños en Gondomar e 4 en Tui, preto do núcleo de Malvas. Torres de 112 metros de altura e 137 de diámetro, ás que se sumarán instalacións complementarias como unha subestación eléctrica e unha estación meteorolóxica.

 

“En Gondomar non vai haber parques eólicos sen análisis previo do seu impacto ambiental e sen o consenso social necesario, díxeno antes e dígoo agora”, sinalou Francisco Ferreira, que unha vez máis lamenta que por parte da Xunta non se conte cos municipios e valoren as súas posturas respecto a proxectos tan nocivos para a súa contorna.

 

“Traballamos polo medio ambiente e a sustentabilidade, non estamos en contra da enerxía eólica pero sí destes aeroxeradores que teñen un impacto ambiental fortísimo chegando a afectar mesmo ás escorrentías, leitos ou á fauna e flora”. Lembrou que na defensa da nosa contorna natural “seremos moi firmes” .

 

No encontro o voceiro da Plataforma pola protección da Serra do Galiñeiro e un representante da directiva de Montañeiros Celta, en nome o IEM, expuseron o que suporía a aprobación do novo proxecto recollido no Rexistro Eólico de Galicia para o futuro destas paraxes naturais.

 

Voces ás que se sumaron as dos representantes da Entidade Local de Morgadáns e a Comunidade de Montes de Peitieros, parroquias que se verán directamente afectadas por lo proxecto A Paraguda. Tanto eles como os representantes políticos fixeron fincapé no feito “de frealo agora que está ao comezo de calquera tramitación; deixar claro que non estamos dispostos a permitir a instalación dun parque eólico nos nosos montes”.

 

Accións a desenvolver

O encontro tamén serviu para expoñer que pasos dar e que medidas de presión adoptar de forma conxunta para “demostrar que a nosa palabra e posición son firmes e que tal e como dixemos no seu día, non queremos parques eólicos no Galiñeiro, na Groba ou no Parque Natural de Aloia”, recalcou Paco Ferreira, postura que tamén ratificou o seu homólogo en Tui, Enrique Cabaleiro.

 

Ambos sinalaron que desde a administración realizarán todo o que estea nas súas mans para evitar que este proxecto progrese e apoiar as demandas que desde as plataformas ecoloxistas veñen realizando dende hai tempo. Non descartan a elaboración dunha moción conxunta para ser ratificada nos plenos da corporación de senllos concellos.

 

Ademais, sobre a mesa tamén se barallaron outras opcións como a presentación de alegacións, recollida de firmas, mobilizacións e a unión e implicación coa loita dos concellos de Nigrán, Baiona, Oia, O Rosal e Tomiño, contra o proxecto “Alvariño I”, declarado “urxente” e “prioritario” pola Xunta de Galicia e que implicará a colocación de 27 muíños en 5 parques en total.

 

“Defender a nosa contorna natural é un obxectivo común polo que nos manteremos unidos. Freamos no seu momento o proxecto previsto para o Galiñeiro e agora evitaremos que siga adiante a tramitación deste novo parque eólico do goberno galego, que unha vez máis nos mantén á marxe de cuestións que afectan de forma directa aos nosos municipios e os seus habitantes”, concluíu Paco Ferreira.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.87

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.