GALICIA
O 65% da superficie sumados ao convenio de defensa das aldeas está limpa de maleza
Destaca outras medidas en materia de defensa do monte da Xunta como a asistencia técnica aos concellos, a dotación de ferramentas informáticas, visores de traballo e aplicacións de xestión de rexistros, a execución subsidiaria de limpezas en faixas por parte de Seaga; as rozas en vías de titularidade municipal, os traballos en aldeas modelo ou as limpezas mecanizadas, como as de 5.000 hectáreas de áreas cortalume
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou esta semana, que máis do 65% da superficie dos 270 concellos sumados ao convenio de defensa das aldeas está limpa de maleza e arborado prohibido, un feito co que observar con optimismo o futuro. O titular da Xunta puxo en valor este traballo de protección ao declarar que “é o mesmo que protexer as persoas, as familias e o patrimonio do noso medio rural xunto coa protección das nosas capacidades produtivas e económicas”.
Deste xeito, precisou que en total, entre as 157 parroquias priorizadas dentro dos 270 municipios adheridos ao convenio e as demais que non o son, inspeccionáronse case 474.000 parcelas, das cales arredor do 63% están limpas (case 300.000 parcelas). Isto supón a revisión de 29.000 hectáreas de superficie, das cales 19.000 están a día de hoxe desbrozadas, o que representa máis do 65% da superficie observada.
Así mesmo, resaltou que a Administración autonómica enviou algo máis de 197.000 notificacións e publicacións aos concellos para que as remitiran aos seus propietarios, co fin de proceder á limpeza. E, como parte da execución subsidiaria destas rozas, en breve iniciaranse os traballos de limpeza nalgúns concellos seleccionados por criterios de conveniencia técnica, como son: Carnota, As Nogais, Cualedro, Monterrei, A Gudiña, Lobios e Gondomar.
Logo de lembrar o convenio de defensa das aldeas, asinado en 2018 coa Fegamp e a empresa pública Seaga para axudar aos concellos a cumprir coas súas competencias de prevención, e no que se van investir en total máis de 29 millóns en catro anos, Feijóo salientou que a iniciativa está a incrementar notablemente o cumprimento das obrigas a este respecto. Ao abeiro deste acordo, o presidente do Goberno galego recordou que se activou un sistema público de xestión de biomasa nas faixas secundarias, que son as máis próximas ás vivendas (50 metros das edificacións), xunto coa súa aplicación en cumprimento do Ditame da comisión forestal do ano 2017.
Remarca tamén a próxima declaración de 19 perímetros de alto risco de incendios en vías municipais (PARI) noutros municipios galegos
“Por tanto imos seguir traballando e axudando aos concellos, xa que este é un tema extremadamente complexo. Queremos seguir sensibilizando aos propietarios, xa que son os responsables de limpar as parcelas que se sitúen nos perímetros a 50 metros das aldeas”, remarcou Feijóo.
Cómpre salientar que, no marco do convenio de defensa, A Xunta continuará realizando outras accións como: a asistencia técnica aos concellos, elaborando ata agora 242 plans de prevención e defensa contra os lumes doutros tantos concellos; a dotación de ferramentas informáticas, visores de traballo e aplicacións de xestión de rexistros; a execución subsidiaria de limpezas en faixas por parte de Seaga; as rozas ao longo de vías de titularidade municipal, ás que se acolleron xa 113 concellos con 1.000 km limpos; os traballos en aldeas modelo que incluíron a 9 das 14 aprobadas ou as limpezas mecanizadas, como as de 5.000 hectáreas de áreas cortalume.
O convenio contempla, ademais, a declaración -que se fará proximamente- dun total de 19 perímetros de alto risco de incendio (PARI) en vías municipais doutros tantos concellos galegos. Esta figura ten por obxecto previr os lumes forestais adecuando as infraestruturas preventivas e a rede de faixas de xestión de biomasa situadas preto das vivendas.
“Polo tanto quedámonos co bo dato: O 65% dos terreos limpos de madeira e maleza preto das vivendas nos municipios que se adscribiron ao convenio é un bo resultado. Un resultado que indica que estamos evolucionando ben, aínda que non imos a baixar a garda”, finalizou.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217