VIGO
O Concello adaptará o túnel de Beiramar á norma europea de seguridade
O goberno de Vigo, segundo informou o alcalde, adxudicou as obras de mellora, que se prolongarán durante uns seis meses e presentan un orzamento que roza o millón e medio de euros. Caballero explicou que se actuará na iluminación, a protección contra lumes, paneis de información, medición de gases e se instalará un sistema de megafonía
A cidade renovará o paso inferior baixo a Avenida de Beiramar para adaptar os seus sistemas de seguridade á normativa europea. Ao efecto, o Concello reserva 1,5 millóns de euros para un contrato que vén de ser adxudicado na Xunta de Goberno Local celebrada a semana pasada.
“É moi importante, estamos falando de extremar a seguridade do túnel de Beiramar”, valorou Caballero, e de “cumprir todas as normativas europeas de seguridade en túneles”. O alcalde manifestou que “queremos os túneles de Beiramar coa seguridade da segunda metade do século XXI”.
Abel Caballero detallou que os traballos previstos contemplan mellorar a iluminación, renovar o cableado para adecualo á protección contra incendios, ampliar as luces de emerxencia e instalar novos cadros eléctricos e detectores de gases de monóxido de carbono e de nitróxeno. O Concello de Vigo tamén cambiará os armarios SOS de atención en caso de emerxencia ao longo do quilómetro e medio no que se actuará.
Unha vez finalizadas as obras, que previsiblemente terán afeccións puntuais sobre o tráfico rodado, o túnel de Beiramar disporá de novos sistemas de megafonía, paneis de mensaxería, cartelería informativa para evacuacións e un novo software para o control e vixilancia do paso soterrado.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129