As Neves
Choca contra unha árbore nas Neves
Este mediodía, ao fío das 14:00 horas, un particular informaba ao 112 Galicia de que un coche chocara contra unha árbore despois de saírse da vía, cando circulaba pola estrada que une Liñares e Salvaterra, no concello pontevedrés das Neves.
O alertante indicaba que ao volante ía unha señora maior e que necesitaba asistencia sanitaria. Ademais, solicitaba axuda posto que, debido á posición na que quedou o vehículo, as persoas que se atopaban no lugar non se atrevían a quitar á ferida do interior do turismo.
Así, tras ser alertados os servizos sanitarios, o 112 Galicia informou dos feitos aos membros do GES-SPEIS de Ponteareas, que finalmente non foi precisa a súa intervención, xa que os veciños do lugar lograron auxiliar á ferida mentres non chegaban os servizos sanitarios.
Ademais dos profesionais de Ponteareas, foron informados os Bombeiros de Porriño e os axentes de Tráfico.
A muller foi trasladada polos servizos sanitarios de urxencia ao centro hospitalario de referencia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49