Miércoles, 29 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 02 de Noviembre de 2021 Tiempo de lectura:
Baiona

Honey gaña o primeiro Xuventude Crea 2021 na gategoría de graffiti

O segundo premio foi para Ares, de Tui, por ‘As dúas en punto’ e o terceiro para Seek, de Baiona, por ‘Galaxia animal’

O artista Honey, de Baiona, coa súa creación titulada Bo Camiño, gaña o primeiro Xuventude Crea 2021 na gategoría de graffiti. A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, acudiu a semana pasada á fase final deste certame, que tivo lugar no corredor central do Parque da Alameda de Santiago de Compostela.

 

A esta fase final da modalidade de graffiti chegaron seis creadores que realizaron en directo as súas propostas. Aos galardoados, ademais do gañador, acompañárono Ares, de Tui, coa súa obra titulada As dúas en punto, en segundo lugar; o terceiro posto logrouno  Seek, tamén de Baiona, coa súa peza Galaxia animal; e houbo unha mención de honra para a artista Maldita, natural de Ribadavia, pola súa obra 37 min.

 

Cada un destes premios ten unha gratificación económica: o primeiro, de 3.000 euros; o segundo, de 1.500; e o terceiro, de 1.000 euros.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.159

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.