Cultura
Off the record, gaña a sexta edición do Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta
O xurado do Premio Xosé Neira Vilas
O galardón será entregado este mércores 3 de novembro coincidindo coa conmemoración do Día de Neira Vilas, que por primeiro ano acada a consideración de Día do lector e da lectora no Calendario Escolar da Lectura
O xurado da sexta edición do Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta decidiu esta tarde por unanimidade concederlle o galardón á obra Off the record, de Virxilio Rodríguez Vázquez. A sesión celebrouse no compostelán Pazo de San Roque e o xurado estivo integrado polos membros da Fundación Xosé Neira Vilas Juan Andrés Fernández, Henrique Neira e Fernando Redondo, así como polo crítico literario e profesor universitario Armando Requeixo.
O xurado argumentou , así mesmo, salientou o logrado da estrutura, onde alterna o relato en primeira persoa e as informacións que chegan a través de testemuños recollidos nunha gravadora, ao que cómpre unir a eficiencia narrativa e a pulcritude estilística dunha historia que avanza, imparable, ata un sorprendente final.
Doutra parte, o xurado quixo significar tamén o estimable nivel de participación e a calidade de varias das obras presentadas, o que confirma a boa saúde da que goza este certame, consolidado xa como un referente entre os premios literarios galegos.
Virxilio Rodríguez Vázquez é profesor de Dereito Penal na Universidade de Vigo.
O galardón será entregado o mércores 3 de novembro nun acto público na Casa do Romano, sede da Fundación Xosé Neira Vilas en Vila de Cruces (Gres) coincidindo coa conmemoración do Día do Lector e da Lectora. O cantautor guardés Tino Baz, quen recentemente musicou recoñecidos poemas de Rosalía de Castro, porá o peche musical a esta nova velada literaria coa que anualmente se recorda a figura e a obra do autor de Memorias dun neno labrego
O premio está dotado con 1000 euros e a publicación do traballo seleccionado en Edicións Embora. O obxectivo deste certame, dirixido a público infantil e xuvenil, é estimular a creación literaria, fomentar a lectura en lingua galega e proporcionar obras de calidade ao público mozo que lle permitan achegarse ao engaiolante mundo da novela.
Traballos premiados en anteriores edicións
Diario de Brian, o chinés, de David Daniel Vázquez Álvarez, foi a novela galardoada na primeira edición, unha historia protagonizada por adolescentes que viven experiencias que cambiarán as súas vidas. Na segunda edición, o premio recaeu en An Alfaya por O home de negro, unha sorprendente proposta metaliteraria e autorreflexiva coa que experimentar unha lectura altamente suxestiva. O xornalista da TVG Pedro Rielo gañou a terceira edición con Detrás dos perdidos, un relato no que descubrir que a aventura e o misterio poden atoparse alí onde menos o agardamos. Esca, de Antonio Piñeiro, foi o quinto galardoado, cunha novela que destaca por pola súa ambición estética, a prosa lírica e riqueza léxica. Finalmente, Diana Varela foi a última gañadora coa A conxura, un relato que nos leva a territorios míticos explorados pola autora en obras anteriores cargados de misterio e fascinación. Todos os libros premiados están a disposición de lectores e lectoras en Edicións Embora.
O xurado do Premio Xosé Neira VilasO xurado da sexta edición do Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta decidiu esta tarde por unanimidade concederlle o galardón á obra Off the record, de Virxilio Rodríguez Vázquez. A sesión celebrouse no compostelán Pazo de San Roque e o xurado estivo integrado polos membros da Fundación Xosé Neira Vilas Juan Andrés Fernández, Henrique Neira e Fernando Redondo, así como polo crítico literario e profesor universitario Armando Requeixo.
O xurado argumentou , así mesmo, salientou o logrado da estrutura, onde alterna o relato en primeira persoa e as informacións que chegan a través de testemuños recollidos nunha gravadora, ao que cómpre unir a eficiencia narrativa e a pulcritude estilística dunha historia que avanza, imparable, ata un sorprendente final.
Doutra parte, o xurado quixo significar tamén o estimable nivel de participación e a calidade de varias das obras presentadas, o que confirma a boa saúde da que goza este certame, consolidado xa como un referente entre os premios literarios galegos.
Virxilio Rodríguez Vázquez é profesor de Dereito Penal na Universidade de Vigo.
O galardón será entregado o mércores 3 de novembro nun acto público na Casa do Romano, sede da Fundación Xosé Neira Vilas en Vila de Cruces (Gres) coincidindo coa conmemoración do Día do Lector e da Lectora. O cantautor guardés Tino Baz, quen recentemente musicou recoñecidos poemas de Rosalía de Castro, porá o peche musical a esta nova velada literaria coa que anualmente se recorda a figura e a obra do autor de Memorias dun neno labrego
O premio está dotado con 1000 euros e a publicación do traballo seleccionado en Edicións Embora. O obxectivo deste certame, dirixido a público infantil e xuvenil, é estimular a creación literaria, fomentar a lectura en lingua galega e proporcionar obras de calidade ao público mozo que lle permitan achegarse ao engaiolante mundo da novela.
Traballos premiados en anteriores edicións
Diario de Brian, o chinés, de David Daniel Vázquez Álvarez, foi a novela galardoada na primeira edición, unha historia protagonizada por adolescentes que viven experiencias que cambiarán as súas vidas. Na segunda edición, o premio recaeu en An Alfaya por O home de negro, unha sorprendente proposta metaliteraria e autorreflexiva coa que experimentar unha lectura altamente suxestiva. O xornalista da TVG Pedro Rielo gañou a terceira edición con Detrás dos perdidos, un relato no que descubrir que a aventura e o misterio poden atoparse alí onde menos o agardamos. Esca, de Antonio Piñeiro, foi o quinto galardoado, cunha novela que destaca por pola súa ambición estética, a prosa lírica e riqueza léxica. Finalmente, Diana Varela foi a última gañadora coa A conxura, un relato que nos leva a territorios míticos explorados pola autora en obras anteriores cargados de misterio e fascinación. Todos os libros premiados están a disposición de lectores e lectoras en Edicións Embora.




























Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184