Jueves, 30 de Abril de 2026

Actualizada Jueves, 30 de Abril de 2026 a las 18:10:46 horas

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 05 de Noviembre de 2021 Tiempo de lectura:
Provincia de Pontevedra

Novas accións formativas gratuítas do proxecto Tic Emprendes

No que vai do 2021 formáronse xa un total de 122 persoas mozas, a maioría delas mulleres, na decena de cursos realizados

A Xunta de Goberno da Deputación vén de aprobar novas accións formativas gratuítas do proxecto Tic Emprendes, impulsado pola institución provincial e que cofinancia o Fondo Social Europeo para fomentar a empregabilidade e o emprendemento entre a mocidade daqueles concellos da provincia que máis sofren o déficit demográfico.

 

En concreto, serán sete as novas accións formativas do programa, con 125 horas de duración e cun total de 105 prazas para persoas mozas de entre 16 e 30 anos residentes nalgún dos 31 concellos da provincia participantes no proxecto. Tic Emprendes adaptou a oferta da súa formación a aquelas actuacións formativas máis demandadas pola mocidade, e deste xeito contémplanse catro itinerarios: Competencias dixitais en ofimática (unha acción formativa que terá dúas edicións); Márketing dixital: estratexias SEO, SEM, Redes sociais e análise de tráfico web (1 edición; Community Manager (2 edicións) e Operario/a de xestión loxística e dixital de almacén, cun módulo de carretilleiro (2 edicións).

 

O obxectivo da iniciativa é, por medio dunha formación eminentemente práctica e centrada en actuacións formativas relacionadas coas Novas Tecnoloxías e as TIC, impulsar proxectos que aumenten a empregabilidade e o emprendemento da mocidade que habita ou vaia habitar en concellos do rural, tanto para emprender e traballar por conta propia como para facelo por conta allea, e así contribuír a evitar o a despoboamento.

 

Poden participar en “Tic Emprendes” persoas mozas de 16 a 30 anos dos 31 concellos participantes: Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, A Cañiza, Catoira, Cerdedo-Cotobade,Covelo, Crecente, Cuntis, Dozón, Forcarei, Fornelos, A Illa de Arousa, A Lama, Meaño, Meis, Mondariz, Mondariz-Balneario Moraña, As Neves, Pazos, Ponte Caldelas, Pontecesures, Portas, Rodeiro, Oia, O Rosal, Silleda, Valga e Vila de Cruces. Para inscribirse teñen que estar inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, ser desempregadas non integradas no sistema de educación ou formación e deben ser residentes en calquera dos concellos rurais antes citados.

 

En cada itinerario ofrecerase formación en materias específicas de cada zona, titorías personalizadas para a busca de emprego e asesoramento para a creación da propia empresa. As solicitudes poderanse presentar preferentemente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Deputación: https://sede.depo.gal. Para mais información, as persoas interesadas poden contactar en https://www.depo.gal/tic-emprendes e nos teléfonos: 886 217 320 / 986 804 100 (extensión 47 320).

 

O programa Tic Emprendes, que ten un orzamento total de 700.000 euros, contempla un total de 26 accións formativas enmarcadas en 11 itinerarios que ao seu remate haberán beneficiado a un total de 390 persoas mozas. No que vai deste 2021, desenvolvéronse xa 9 accións formativas e hai outra en marcha, cun total de 122 participantes, dos que a maioría (un 63,1%) foron mulleres (77) e houbo 45 homes. Despois destas 7 novas accións formativas quedarán outras 9 por desenvolver, que se levarán a cabo entre finais deste 2021 e o 2022.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.57

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.