PROVINCIA
Chega o mes da ciencia en galego á biblioteca da Xunta en Pontevedra
Os secretarios xerais de Cultura e de Política Lingüística presentaron a programación, a prol do achegamento da cidadanía á literatura científica en galego
Os centros bibliotecarios xestionados pola Xunta van acoller ao longo de novembro preto de 40 actividades de divulgación científica enmarcadas na celebración do Mes da ciencia en galego nas bibliotecas. Unha iniciativa do Goberno autonómico a prol do achegamento da cidadanía á literatura científica en galego cuxa programación presentaron esta semana os secretarios xerais de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e de Política Lingüística, Valentín García.
A Biblioteca Pública da Xunta en Pontevedra, Antonio Odriozola, ofrece diversas actividades de carácter científico neste marco ao longo do mes. Obradoiros infantís sobre robótica creativa, astronomía, científicas galegas e cinema centran as propostas enmarcadas nesta celebración, ás que se suman outras iniciativas para público xuvenil e adulto. Toda a información sobre as actividades, que requiren inscrición previa, está dispoñible na web do centro.
O venres 5 ás 18,00 horas terá lugar o obradoiro de robótica creativa no que a rapazada de 8 a 11 anos aprenderá de xeito lúdico conceptos básicos de programación, robótica e electrónica. Na xornada do 12 haberá unha dobre sesión do obradoiro sobre mulleres científicas galegas, no que o público de 6 a 12 anos afondará nas figuras da oceanógrafa Ánxeles Alvariño e da enfermeira Isabel Zendal. Desenvolverase ás 17, 30 e ás 19,00 horas.
Haberá obradoiros infantís de robótica, de astronomía, de achegamento ás figuras das científicas Ánxeles Alvariño e Isabel Zendal, e de cine
O día 19, ás 16,30, será a quenda da astronomía, co obradoiro Simulación de galaxias siderais e eclipses, a cargo de Anias, para nenas e nenos de 8 a 12 anos. Finalmente, o 26 Raquel Queizás ofrecerá o seu obradoiro creativo Precine, no que participantes de 6 a 11 anos afondarán nos artefactos precursores do cinema e realizarán debuxos animados.
O público infantil vai dispoñer tamén dunha mostra bibliográfica para achegarse ao eido científico con O camiño das estrelas, unha escolma de publicacións para os máis novos arredor da ciencia. Por outra banda, para o público adulto instalarase unha selección de materiais sobre ciencia en galego.
Días do lector e das librarías
Ademais, as celebracións dos días do lector, o 3 de novembro, e do das librarías, o 12, terán cadansúa mostra de volumes para levar en préstamo. No primeiro caso, permanecerá ata o día 15 con obras recomendadas polos usuarios da biblioteca, e no segundo, dispoñible do 12 de novembro ao 3 de decembro, con publicacións sobre librarías.
A maiores da celebración do Mes da ciencia en galego, a Biblioteca Pública Antonio Odriozola organizou un encontro coa autora Antía Yáñez, o día 22, arredor da súa obra Senlleiras. Será ás 19,00 horas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.57