TURISMO
Galicia regresa a Londres para promover o Xacobeo na Feira Internacional World Travel Market
Unha representación galega visitou a feira na que a oferta turística da comunidade está presente dentro do espazo de Turespaña
Unha representación galega ven de estar no expositor no que Galicia participa en Londres no marco da feira internacional World Travel Market, unha das citas de maior importancia da industria turística a nivel mundial, que se celebrou en Londres en formato híbrido.
A promoción internacional do Xacobeo centra a oferta de Galicia na feira, presente dentro do espazo de Turespaña, na que tamén se dan a coñecer os diferentes recursos turísticos do noso territorio. Ademais, o expositor conta cun lugar de traballo para atención de citas e encontros compartida co Clúster Turismo de Galicia a fin de establecer contactos comerciais con operadores e empresas de servizos turísticos británicos e doutros países presentes na feira e potenciar a comercialización dos produtos que ofrecen as empresas turísticas galegas.
Durante a súa participación na World Travel Market, representantes institucionais e do sector en Galicia puideron establecer contacto con representantes turísticos doutras comunidades españolas, ademais de asistir á recepción na Embaixada española en Londres.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.171