Jueves, 19 de Marzo de 2026

Actualizada Jueves, 19 de Marzo de 2026 a las 10:55:58 horas

Xornal21.es
Miércoles, 03 de Noviembre de 2021 Tiempo de lectura:
MOS

A xustiza desbloqueada a ampliación do paseo do Louro ata Queirón en Louredo

Finalizada a vía xudicial co fallo de todos os recursos contra a expropiación favorables ao Concello, chega por fin o momento de contratar a obra

A alcaldesa do Concello de Mos, Nidia Arévalo, informou  de que por fin queda desbloqueada a ampliación do paseo do Louro ata Queirón, parroquia de Louredo, ao concluír a vía xudicial dos recursos presentados contra o proxecto de expropiación en favor da administración local mosense. Deste xeito chega xa o momento de iniciar o procedemento de contratación da obra polo que Arévalo, rexedora municipal, anunciou que solicitará neste senso unha vindeira xuntanza con José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, para retomar o proxecto, pois será financiado ao 50% por Confederación Hidrográfica e a administración local mosense e licitado directamente pola Confederación, en base a un convenio de colaboración asinado en xaneiro de 2018.

 

Desde entón o Concello foi solicitando a correspondente prórroga da adenda do convenio e leva os tres últimos anos resevando a partida correspondente para esta obra no orzamento municipal.

 

Nidia Arévalo avanzou tamén esta mañá que, ademáis de reunirse co presidente da Confederación, ten programada unha reunión cos propietarios dos terreos.

 

A denominación exacta do proxecto que por fin ten luz verde é “Nova senda fluvial do río Louro, ata o Camiño de Lagoal na parroquia de Louredo, no termo municipal de Mos”.

 

Os terreos expropiados pasan a ser titularidade do Concello para poder acometer as obras de ampliación do Paseo do Louro. Obras cuxo procedemento de licitación xa se pode iniciar por fin. O procedemento de licitación da obra realizarao directamente a Confederación Hidrográfica.

 

 

 

 

Esta será financiada ao 50% por Confederación Hidrográfica e a administración local mosense en base a un convenio de colaboración asinado en xaneiro de 2018. O Concello leva os tres últimos anos resevando a partida correspondente para esta obra no orzamento municipal

 

 

 

 

O 15 de xaneiro de 2018 asinábase un convenio de colaboración entre a Confederación Hidrográfica Miño-Sil e o Concello de Mos para o financiamento e execución do devandito proxecto de nova senda fluvial no río Louro, entre o Camiño de Noveleda e o Camiño de Lagoal, parroquia de Louredo.

 

O obxectivo do proxecto é definir as actuacións necesarias para a ampliación e mellora da ruta fluvial do río Louro, con criterios ambientais e de accesibilidade, valorizando o patrimonio natural e cultural da zona para o goce de veciños/as e visitantes.

 

En concreto, e dentro das actuacións programadas, proxéctanse dous novos tramos de senda, os cales estarán conectados entre si por itinerarios naturais. O primeiro tramo, de 622 m de lonxitude, parte do Camiño de Lagoal e finaliza onde discorre un sendeiro existente. Este primeiro tramo sitúase fóra do DPH e mellora o acceso ao Muíño Novo e ao Muiño do Lagoal. A uns 150 m deste primeiro tramo, debido á gran pendente do terreo, deseñouse unha adecuación ambiental do carreiro existente, mediante a execución de banzos con materiais naturais, como rollizos de madeira e xabre estabilizado, así como elementos de apoio consistentes en postes de madeira e cordas de agarre. Como alternativa a este tramo máis difícil, proxectouse un ramal de unión cun camiño existente, máis afastado do río, que é máis accesible para as persoas de mobilidade reducida. O segundo tramo, de 150 m, parte do sendeiro existente e permitirá pasear preto do río e chegar á contorna do Muíño Branco, onde a servidume próxima ao río permite o tránsito ao Camiño de Noveleda. O proxecto prevé, ademais, a execución de plantacións de especies vexetais compatibles cos valores naturais da contorna. Os traballos tamén incluirán o desbroce e limpeza do só do entorno respectando o bosque de ribera e especies locais e eliminando especies invasoras, mellorando o contorno. Acometeranse así mesmo solucións de drenaxe para resolver a saída das augas e mellora da sinalización e posta en valor dos elementos patrimoniais abandonados.

 

No deseño das actuacións tivéronse en conta as directrices do PXOM mosense.

 

O investimento previsto é de 210.000 euros, que será sufragado ao 50% entre ambas Administracións, e o prazo de execución estímase en 4 meses.

 

As obras levan un procedemento de licitación do que se encarga directamente a Confederación Hidrográfica Miño-Sil. Organismo que, en base aos seus propios criterios técnicos, ambientais e xurídicos, aprobou o proxecto de ampliación do sendeiro presentado polo Concello e redactado en base aos devanditos criterios.

 

Os obxectivos da actuación son dar continuidade á senda fluvial actual de 3 km, entre o Camiño da Gata e o Camiño de Noveleda. O novo tramo de senda fluvial facilita a accesibilidade peonil dende o Camiño de Noveleda ata o Camiño Lagoal nunha lonxitude dun 1 km.

 

As condicións da actuación marcadas pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil esixiron deseñar unha senda fluvial fóra do Dominio Público Hidráulico.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.