Provincia de Pontevedra
A Xunta destinará 2M€ ao Consorcio provincial contra Incendios e de Salvamento de Pontevedra
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, asistiron ao pleno no que se aprobou o orzamento do vindeiro ano
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, asistiron onte ao pleno do Consorcio provincial contra Incendios e de Salvamento de Pontevedra, no que a Xunta ratificou o seu compromiso cun servizo ao que o Goberno galego destinará preto de 2 millóns de euros no 2022.
No pleno aprobouse por unanimidade o orzamento para o 2022, que ascende a 3,9 millóns de euros, un 2% máis que no 2021. Trátase do primeiro exercicio desde o cambio de modelo a unha xestión cen por cen pública no que a Xunta de Galicia aposta por un servizo de calidade en beneficio da cidadanía do ente participado nun 50% polo Goberno galego.
O cambio de modelo implica tamén a subrogación do persoal, polo que na sesión aprobáronse tamén as retribucións do ano 2022, que prevén un incremento máximo dun 2% nas remuneracións. Segundo Santiago Villanueva, o acordo enmárcase na liña adoptada pola Xunta na procura dunha mellora nas condicións de traballo dos efectivos das emerxencias e servizos de salvamento, como se reflicte nos Orzamentos da Xunta para o ano 2022.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.57