GALICIA
A Xunta destinará 2,4m€ a instalacións xeotérmicas dentro dos proxectos renovables
A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, participou esta semana en Santiago de Compostela nunha xornada centrada na rehabilitación enerxética e as novas instalacións renovables co foco na xeotermia
A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, participou esta semana en Santiago de Compostela na xornada sobre fondos europeos Next Generation Novas instalacións e rehabilitación enerxética: xeotermia, organizada por Acluxega.
Na súa intervención a directora amosou o compromiso da Xunta de seguir avanzando nun modelo enerxético sostible. Neste obxectivo, destacou o papel decisivo e necesario que van desempeñar os fondos europeos Next Generation como motor da transformación dixital e sustentable do tecido produtivo galego.
Destacou o papel decisivo dos fondos europeos Next Generation como motor da transformación dixital e sustentable do tecido produtivo galego
A directora agradeceu a Acluxega a organización deste acto e lembrou o traballo conxunto que a Administración e o clúster están realizando a través do plan para a promoción e o impulso da xeotermia en Galicia 2021-2023. Ademais, avanzou que na próxima liña de axudas para proxectos renovables de uso térmico -que se abrirá ao longo do mes de decembro- a Xunta reserva 2,4M€ para apoiar instalacións xeotérmicas.
Paula Uría incidiu no esforzo que o Goberno galego está a realizar para promover o uso das enerxías renovables e as actuacións en materia de eficiencia enerxética e informou de que entre 2020 e 2021 xa se teñen convocado axudas nestes dous eidos por preto de 98M€ coas que se atenderon, ata o momento, 36.500 solicitudes.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217