GALICIA
A temperatura media da provincia da Coruña incrementouse 0,7 º C nos últimos 30 anos
Un estudio da Fundación Matrix coa colaboración da Deputación da Coruña analizou os datos dos distintos concellos nos últimos 60 anos como parte do proxecto CLIMACO, que estuda o fenómeno do cambio climático recente na provincia da Coruña
A Fundación Matrix volve ás aulas da Coruña cos resultados da segunda fase do seu proxecto CLIMACO, cofinanciado pola Deputación da Coruña.
A investigación da Fundación Matrix indica que a temperatura media anual experimentou un aumento de 0,7ºC de media no conxunto da provincia da Coruña entre os períodos climáticos (1961-1989) e (1991-2019). A temperatura media mínima anual experimentou un cambio a alza máis importante (+ 0,8 ºC) fronte á media máxima anual (+0,6ºC).
Nesta segunda fase do proxecto ampliarase o Atlas do cambio climático recente no que se recolleran os novos datos cuantitativos a unha escala espacial única, a parroquial, sobre a realidade do cambio climático na provincia da Coruña, entre outras actividades.
O proxecto inclúe a impartición de charlas de concienciación dirixida principalmente ao alumnado de Bacharelato da provincia da Coruña, e indirectamente á sociedade galega.
As charlas xa se están impartindo e prolongaranse durante o mes de decembro de forma telemática. Estarán dirixidas por Alberto González, investigador especialista en Climatoloxía da Fundación Matrix. A súa misión será transmitir aos mozos e mozas cal é o estado actual do clima na área de estudo e o seu recente cambio acontecido.
O proxecto inclúe a impartición de charlas de concienciación como actividade nos centros de ensino público da Coruña que o soliciten
A iniciativa busca que os alumnos sexan conscientes da realidade do cambio climático dende unha perspectiva local, e fomentar neles a promoción de comportamentos sostibles que reduzcan as emisións de CO2 e coiden do medio ambiente. Só na provincia, as emisións difusas deste gas de efecto invernadoiro supera os 2,8 millóns de toneladas de CO2 ao ano.
En palabras de Alberto González, investigador especialista en Climatoloxía da Fundación Matrix:
“O cambio climático é unha realidade incuestionable, e a provincia da Coruña non é unha excepción. Queremos levar os resultados desta investigación local aos máximos centros educativos e institutos posibles, para concienciar os mozos e mozas da importanciade comprometerse na loita contra o cambio climático”.
O seguimento do cambio climático dende unha perspectiva local é novidoso e de gran utilidade para a adaptación.
Toda a información estará a disposición de tódolos cidadáns na páxina web da Fundación Matrix a través dun visor cartográfico e un Atlas dixital onde se pode observar como mudou o clima en diversos indicadores a unha escala de gran detalle, a parroquial.
Pódese acceder ao Atlas do cambio climático recente a través desta ligazón.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217