Domingo, 09 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 07 de Noviembre de 2021 Tiempo de lectura:
O Porriño

Os nacionalistas asegura que "a situación xudicial da alcaldesa non poder servir de escusa"

O BNG reclama responsabilidade para evitar un goberno do PP

O dirección local do BNG pide ao grupo de EU-SON "que se distancie da estratexia do PP e se aveña a favorecer políticas de esquerdas no Porriño. Un PP sen proxecto político que busca nos tribunais e no pleno bloquear o normal funcionamento do Concello en prexuízo do conxunto da veciñanza non pensa no ben común".

 

Os nacionalistas aseguran que "a situación xudicial da alcaldesa non poder servir de escusa, xa que en nada mudou respecto a cando EU-SON apoiou a súa investidura, e no caso de abrírselle xuízo oral o BNG pedirá a súa dimisión porque así o facemos sempre e en todo lugar. Temos asinado un pacto de goberno co PSOE e non con Eva García de la Torre".

 

Desde o BNG esixen  "ao PSOE a presentar canto antes un borrador de orzamento para ser negociado cos grupos da oposición. A falta de orzamento está a causar un grave problema para o Concello e para o conxunto da veciñanza. É preciso aprobar unhas novas contas públicas, actualizadas, que permitan prestar máis e mellores servizos ou programar novas inversións".

 

 


 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.