Viernes, 01 de Mayo de 2026

Actualizada Jueves, 30 de Abril de 2026 a las 18:10:46 horas

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 10 de Noviembre de 2021 Tiempo de lectura:
Provincia de Pontevedra

David Regades: “Se hoxe se celebrasen as Municipais gañaríamos a Deputación por maioría absoluta"

O PSdeG-PSOE de Pontevedra organiza o seu vindeiro Congreso Provincial

A democracia interna dentro do PSdeG-PSOE volve activarse co inicio do proceso para a renovación dos órganos de goberno. Un proceso que concluirá durante a fin de semana do 15 e 16 de xaneiro e que foi anunciado recentemente polo secretario xeral provincial, David Regades, durante a celebración da Comisión Executiva Provincial. Regades subliñou que “despois dos congresos Federal e Nacional, agora tocaba o Provincial”

 

A Executiva provincial convocou ao Comité Provincial para o próximo xoves, día 11, como órgano formalmente competente para a convocatoria do Congreso e a proposta de calendario. A sesión do Comité, no que están representadas tódalas agrupacións da provincia, celebrarase en Poio.

 

Regades, que ostenta a secretaría xeral provincial dende decembro de 2017, fixo un balanzo positivo destes catro anos e destacou que o Partido Socialista pasou neste tempo de 10 deputados provinciais a 13, de 16 alcaldías a 23, de cinco maiorías absolutas municipais a 11, de catro deputados autonómicos a 5, de non ter representación no Senado a dous senadores/as e de dous congresistas a tres. “Houbo un crecemento nesta provincia por enriba do resto das provincias de Galicia, ata o punto de que a forza do socialismo na provincia de Pontevedra sitúao entre as primeiras de España”.

 

Regades atribúe todos estes éxitos á unión da militancia en todo o territorio provincial e, “por respecto á militancia”, rexeitou comentar se se presentará á reelección como secretario xeral provincial: “Agora é o tempo da convocatoria do Congreso provincial, xa chegará o tempo das candidaturas á Secretaría Xeral”.

 

O secretario xeral non dubidou en afirmar que se agora se celebraran Eleccións Municipais, o PSdeG-PSOE obtería maioría absoluta na Deputación (agora fáltalle un só deputado/a) e por iso fixou como obxectivo do próximo Congreso provincial sentar as bases para non só volver ser primeira forza local en 2023, senón para gañar máis alcaldías.


 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.57

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.