GALICIA
O posto de Economía Social da Xunta gaña o premio ao mellor stand de alimentación en Xantar 2021
O xurado recoñece co galardón que o stand facilitou a presenza de cooperativas do sector agroalimentario na feira e o esforzo realizado polos expositores
O stand de Economía Social de Galicia, co que a Consellería de Emprego e Igualdade participou na feira Xantar 2021, gañou nesta edición o premio ao mellor stand de alimentación. Os galardóns Xantar Internacional naceron cando o salón obtivo o selo de internacionalidade (en 2014) e con eles se recoñecen iniciativas públicas ou privadas que destaquen pola súa posta en valor da gastronomía e o turismo desde unha perspectiva innovadora.
En concreto, o xurado recoñeceu que o stand de Economía Social da Xunta facilitou a presenza de cooperativas do sector agroalimentario na feira indicando, ademais, que esta fórmula empresarial xera riqueza nas zonas rurais onde se asentan e un crecemento económico sostible, así como un emprego de calidade, integrador e centrado nas persoas e no territorio. Así mesmo, co galardón valorouse o esforzo realizado polos expositores presentes que ofreceron degustacións aos visitantes.
Co stand premiado, a Xunta promocionou no salón gastronómico a economía social e os produtos e servizos que ofrece en Galicia. Deste xeito, empresas representativas da economía social e do cooperativismo achegaron os seus produtos. En concreto, participaron Condado Paradanta, Cooperativa Agraria Provincial (Bico de Xeado), Queixeira Gaia, Alcrique, Terras da Mariña, Tres Fuciños, Barbudos, e Bodega Cooperativa Jesús Nazareno.
O obxectivo da Consellería de Emprego e Igualdade con esta iniciativa é promocionar a economía social, un modelo económico sustentable e próximo ás contornas
As persoas asistentes ao salón poideron coñecer e degustar no posto da Consellería de Emprego e Igualdade os produtos elaborados polos expositores, entre os que se atoparon queixos, requeixos, meles, licores, xeados, carnes, salsas e viños.
A Xunta leva anos apostando por esta fórmula económica que, entre outros valores, propugna unha economía solidaria e en sintonía co medio ambiente e a contorna onde se enmarca. Este modelo crece da man do desenvolvemento colectivo e actúa como elemento integrador das comunidades.
O compromiso do Goberno galego con este modelo faise patente nos orzamentos que a Consellería de Emprego e Igualdade ven de presentar para 2022 e que destinarán 35 millóns de euros (un 6% máis que en 2021) á difusión, creación e consolidación de empresas e a promover o emprego inclusivo a través da economía social.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217