Miércoles, 04 de Marzo de 2026

Actualizada Martes, 03 de Marzo de 2026 a las 21:57:35 horas

Xornal21.es
Jueves, 11 de Noviembre de 2021 Tiempo de lectura:
TUI

Un grupo de axentes turísticos internacionais interesados no Camiño Portugués visitou Tui

Participan no Fairway, IV Forum do Camiño de Santiago

O pasado sábado o alcalde de Tui, Enrique  Cabaleiro, mantivo un encontro na casa do concello de Tui cun grupo de xornalistas e touroperadores que visitaron a cidade dentro dunha viaxe de familiarización co Camiño Portugués organizado por Fairway, o IV forum do Camiño de Santiago que se desenvolve estes días en Santiago de Compostela. “O principal obxectivo destas actividades é dar visibilidade aos Roteiros Xacobeos e os seus variados recursos turísticos, ademais de promocionar o IV Fórum do Camiño de Santiago”, explican desde a organización.


Entre os profesionais participantes atópanse publicacións e portais web especializados en viaxes e grandes rutas. Un grupo que se completa coa asistencia de operadores turísticos procedentes de distintos puntos de España e tamén doutros países como Luxemburgo ou Reino Unido e mesmo de Australia.


O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, sinala que foi unha excelente oportunidade para que estes axentes turísticos coñeceran a nosa cidade, especialmente o seu conxunto histórico e a Catedral, e a especial significación de Tui como porta do Camiño Portugués, que neste ano ten recibido en torno a 30.000 peregrinos de múltiples nacionalidades.


Ao tempo o rexedor tudense agradece aos organizadores e patrocinadores de Fairway a organización desta viaxe de familiarización de axentes turísticos que contribúe á difusión e posicionamento do Camiño Portugués e de Tui coma a histórica porta de entrada das rutas xacobeas portuguesas en Galicia.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.