MOS
O BNG de Mos rexeita os actos "baleiros de contido" que organiza Igualdade
O BNG de Mos rexeita nun comunicado enviado aos medios de comunicacióin "os actos baleiros de contido que o goberno do PP organizou polo Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller"
O voceiro nacionalista en Mos, Gustavo Barcia Seijo, asegura que "cando falamos dun tema tan importante e de tal relevancia social, o goberno local debe fuxir de actos baleiros e organizados de cara á galería. Facer unha andaina, un concerto e unha degustación de empanadas sen introducir nelas a denuncia social e a educación en valores de igualdade parece algo máis propio dunha “festa” que dunha conmemoración que debería estar orientada á concienciación social e á condena da violencia machista.
Engadindo que "queda moito por facer para gañar a batalla contra a violencia machista. Só coa educación en igualdade e, sobre todo, coa loita de todas, conseguiremos ter algo que festexar o 25 de novembro".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49