Domingo, 15 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 12 de Noviembre de 2021 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

Protección Civil e Concello recollen produtos para os afectados da Palma

A agrupación de PC  de Salceda e o Concello organizaron unha recollida de produtos de hixiene persoal o pasado mes de outubro, para axudar na medida do posible a paliar as necesidades que están a sufrir as preto de 7000 persoas desprazadas dos seus fogares debido as consecuencias do desastre natural do volcán da Illa de Palma.


 A recollida foi solicitada pola Agrupación de  Protección Civil de Los LLanos de Aridane a todas as agrupacións de protección civil de España. A agrupación de PC de Salceda sumouse á solicitude poñéndose en contacto co concello para organizar o dispositivo de recollida.


Esta recollida decidiuse que fose de produtos de hixiene persoal, por ser non perecedeiros, fáciles de transportar e de uso imprescindible para as familias que están sufrindo este desastre natural.


A recollida fíxose por parte de membros de PC de Salceda ao longo da semana do 18 ao 22 de outubro, de mañá e de tarde, na Praza do Concello, onde se instalou unha carpa.  A veciñanza de Salceda coma sempre respondeu coa súa solidariedade habitual, acadándose uns 500 quilos de produtos de hixiene persoal.


O Concello de Salceda non dubidou en colaborar con esta iniciativa  en ningún momento, e comprometeuse a facerse cargo do envío dos produtos de hixiene recollidos. A principios desta semana enviáronse para o súa entrega á Agrupación de PC de Los LLanos de Aridane, na Illa da Palma.

 

Verónica Tourón, alcaldesa de Salceda: “En Salceda non somos alleos á dolorosa situación das familias afectadas e agradecemos unha vez máis á nosa veciñanza e a Protección Civil a mostra de empatía e solidariedade que nos caracteriza.”

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.