Viernes, 01 de Mayo de 2026

Actualizada Jueves, 30 de Abril de 2026 a las 18:10:46 horas

Xornal21.es
Sábado, 13 de Noviembre de 2021 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Xunta habilita 4 despachos para maxistrados da Audiencia Provincial de Pontevedra

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, visitou esta semana as actuacións levadas a cabo no edificio xudicial, onde este ano o Goberno galego tamén realizou melloras de eficiencia enerxética e de climatización

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, comprobou esta semana acompañado do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, as actuacións levadas a cabo pola Xunta nas dependencias da Audiencia Provincial de Pontevedra para habilitar 4 novos despachos para os maxistrados do órgano xudicial.


Nunha visita polas instalacións xunto co presidente da Audiencia Provincial, Javier Menéndez, o director xeral de Xustiza visitou os novos espazos remodelados, aos que se dotou de climatización, novas luminarias, mobiliario, así como tomas de forza, datos e voz en cada posto de traballo.


Esta actuación súmase aos traballos levados a cabo tamén este ano na Audiencia Provincial pontevedresa, con outros 287.000 euros destinados á mellora enerxética do edificio e a obras de climatización a través da substitución de fiestras de madeira, a colocación de lámpadas led e novas luminarias e outras reparacións nas contraventás, fiestras e falsos teitos. Estas obras enmárcanse no Plan de mellora enerxética dos edificios xudiciais galegos, dotados con máis de 6 millóns de euros e cofinanciado con fondos Feder da Unión Europea.


Juan José Martín destacou que nos orzamentos do ano que vén se reservan 1,6 millóns de euros para pequenas reformas e de mellora coma esta que nos últimos anos se realizaron na práctica totalidade dos edificios xudiciais galegos.

 

 

 

 

A Xunta investirá en 2022 un orzamento de 169M€ para mellorar e modernizar as infraestruturas xudiciais galegas co obxectivo de ofrecer un servizo áxil e de calidade

 

 

 


A estas actuacións que se están executando para a mellora da climatización e eficiencia enerxética dos edificios xudiciais e no seu acondicionamento, súmanse outras encamiñadas á mellora da calidade do servizo como a posta en marcha de salas de vistas dixitais ou salas Gesell para garantir a protección de menores ou vítimas de violencia de xénero á hora de declarar nos procesos xudiciais.


En total, o orzamento da Xunta para a Administración de Xustiza en 2022 supera os 169 millóns de euros e suporá culminar coa Cidade da Xustiza de Vigo o Plan de Infraestruturas Xudiciais, no que o Goberno galego leva investidos máis de 125 millóns de euros para dotar de sedes xudiciais novas e renovadas ás cidades e vilas galegas. Ademais, parte desa contía dirixiranse ao comezo das obras da nova sede central do Instituto Galego de Medicina Legal (Imelga) en Santiago (2,7 millóns no 2022 dunha contía total de 4,7 millóns) e dos novos xulgados da Estrada (1,4 millóns dun total de 2,4 millóns).


A Xunta continuará tamén a avanzar na modernización da xustiza e rematará o vindeiro ano o proxecto de dixitalización e a implantación de sistemas de videoconferencia en todos os xulgados galegos, no marco do novo Plan Senda 2021-2025, dotado de 50 millóns de euros.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.57

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.