PROVINCIA
A Xunta agarda que as deputacións "recapaciten para mellorar os servizos de emerxencias"
As tres deputacións abandonaron a reunión da Comisión de Seguimento dos GES antes da votación da proposta do Goberno galego, que foi apoiada pola FEGAMP e pola Deputación de Ourense
A Xunta agarda que as Deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo recapaciten e se unan á proposta do Goberno galego para mellorar a atención aos servizos de emerxencias da comunidade. As tres deputacións abandonaron onte a reunión da Comisión dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) sen chegar a acordo e antes da votación para coñecer o posicionamento de cada unha delas, é dicir, se aceptaban as melloras propostas polo Goberno galego, se optaban por renovar sen elas ou se xa non tiñan interese en renovar o convenio actual.
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, lembrou que a Xunta mantén a man tendida ás tres deputacións para mellorar os servizos de emerxencias destas provincias coa proposta da Xunta que -sinala- mellora as condicións dos concellos, dos efectivos dos servizos de emerxencias e, por tanto, na atención as emerxencias en todo o territorio galego.
Co obxectivo de completar e mellorar o mapa de emerxencias da comunidade optimizando a cobertura e os tempos de resposta, a Xunta aposta, entre outras medidas, por un incremento do persoal para que os concellos subsede de GES podan ampliar as súas plantillas ata os 12 efectivos se así o desexan, equiparar o custo dos 4 servizos municipais de emerxencias da comunidade -Noia, Sanxenxo, Ponteareas e Mancomunidade Terra de Celanova- ao resto de GES, actualizar o custo salarial dos grupos e crear un subGES con seis efectivos no Grove.
Por iso, a Xunta agarda que, ao igual que fixeron a Deputación de Ourense e a FEGAMP, as deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo tamén se sumen á proposta, xa que o rexeitamento amosado no encontro de onte ao abandonar a reunión e renunciando a asumir as a asumir as súas competencias pon en cuestión a continuidade da financiación dos GES actuais e impide a creación do subGES previsto para O Grove. Cabe lembrar que a atención ás emerxencias é unha competencia de carácter local, que corresponde aos concellos de máis de 20.000 habitantes e ás deputacións provinciais nos municipios de menos poboación.
A Xunta mantén a man tendida para aplicar tamén nestas provincias as medidas destinadas a reforzar as plantillas e aumentar a financiación para cubrir os custos salariais dos grupos
Pese a tratarse dunha competencia dos concellos e as deputacións, a Xunta mantén o seu compromiso para colaborar no seu funcionamento desde a posta en marcha destes grupos en 2013 en colaboración coas deputacións provinciais e a Fegamp. O Goberno galego asume máis da metade do custo anual destes grupos e leva investidos máis de 40 millóns de euros no seu mantemento e outros 7 millóns para dotalos do equipamento necesario para levar a cabo as súas intervencións con seguridade.
Ademais, nos últimos anos leva feito un importante investimento no reforzo dos servizos de emerxencias dos concellos -tanto GES como Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC)- con máis de 60 millóns destinados ao seu funcionamento, equipamento e formación.
As melloras previstas para renovar o convenio de 2018 que vence este ano, e que ata agora se viña renovando de forma conxunta desde a posta en marcha dos GES ,aplicaranse nos 12 GES da provincia ourensá.
Por unha parte contrataranse a 16 persoas para que os subGES de Lobios, Muíños, Laza, Ribadavia e Avión acaden os 12 efectivos. Tamén se incrementará o financiamento do servizo municipal da Mancomunidade Terra de Celanova actualizarase a financiación destinada aos custos salariais dos GES da provincia para adaptalos ao seu custo real na actualidade respecto ao primeiro convenio asinado en 2013 cun incremento de 40.000 euros por GES, un 16% máis nos gastos de persoal ata acadar, en global, os 320.000 euros anuais por grupo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217