GALICIA
Feijóo amosa a Sánchez a preocupación ante o incremento do prezo da enerxía e a escaseza das subministracións
Incide na necesidade de que na próxima Conferencia de Presidentes Autonómicos se inclúan estas cuestións para que as Comunidades Autónomas poidan achegar as súas visións, propostas e o seu compromiso co goberno de todos
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, informou hoxe, tras a reunión do Consello, que lle reiterou nunha carta ao presidente do Goberno central, Pedro Sánchez, a preocupación ante o incremento do prezo da enerxía e a escaseza e encarecemento das subministracións.
Ademais, Feijóo tamén solicitou ao xefe do Executivo central que reconsidere algunhas das decisións económicas adoptadas ou anunciadas para os próximos meses que poden agravar aínda máis a situación. Puxo como exemplo disto o incremento xeneralizado da presión fiscal ou “a modificación da lexislación laboral, improvisada e de forma inmediata, que incrementará aínda máis as dificultades de obter emprego”.
O titular do Goberno galego tamén incidiu na importancia de que na próxima Conferencia de Presidentes Autonómicos -prevista para este ano, pero que, polo anunciado onte por Pedro Sánchez, pode adiarse ata 2022- se inclúan estas cuestións para que “as Comunidades Autónomas poidamos achegar as nosas visións, as nosas propostas e o noso compromiso co goberno de todos”.
Avanza que fará fincapé nestas cuestións na reunión que o luns manterá en Madrid coa ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, na que tamén pedirá abordar o problema das empresas electrointensivas
A maiores, Feijóo avanzou que tanto o desabastecemento como o incremento do prezo da enerxía serán cuestións nas que fará fincapé na reunión que o luns manterá en Madrid coa ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto. Nese encontro, segundo explicou o presidente da Xunta, abordará tamén ”o problema das empresas electrointensivas”.
Nesta liña de avaliar unha situación que se agudiza en plena fase de recuperación da economía tras a pandemia, o Consello da Xunta acordou hoxe intensificar o contacto cos principais clústeres sectoriais galegos para avaliar o impacto que esta escaseza de subministracións está a provocar en Galicia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217