Vigo
Filipe VI proba as novas furgonetas eléctricas en Vigo
O rei Filipe VI visitou esta mañá a fábrica de Stellantis en Vigo, a antiga Citroën, e alí probou as novas furgonetas eléctricas "made in spain". Son modelos comerciais lixeiros que están en pleno lanzamento comercial.
O Rei de España no dubidou en poñerse ao volante dun dos seis modelos de furgoneta eléctrica que Stellantis saca ao mercado. Conduciu unha Berlingo co presidente da Xunta de copiloto e directivos da multinacional nos asentos traseiros.
![[Img #72398]](https://xornal21.com/upload/images/11_2021/5187_211112_pte_felipevi_stellantis_dcs_04.jpg)
O director da fábrica de Balaídos agradeceu o apoio da Casa Real a esta planta. E é que é a sexta vez que un rei a visita nas súas seis décadas de historia. Filipe VI estivo como príncipe no 96 e no 2013, e hoxe volve como rei con motivo dun novo lanzamento comercial da compañía.
Durante preto de dúas horas estivo o Rei na planta de Balaídos. Visitou o taller de baterías e as liñas de produción e probou un dos seis modelos de furgoneta que Stellantis lanza na súa versión eléctrica. Na visita estivo acompañado polo presidente da Xunta e a ministra de Traballo e altos directivos da compañía.

O rei Filipe VI visitou esta mañá a fábrica de Stellantis en Vigo, a antiga Citroën, e alí probou as novas furgonetas eléctricas "made in spain". Son modelos comerciais lixeiros que están en pleno lanzamento comercial.
O Rei de España no dubidou en poñerse ao volante dun dos seis modelos de furgoneta eléctrica que Stellantis saca ao mercado. Conduciu unha Berlingo co presidente da Xunta de copiloto e directivos da multinacional nos asentos traseiros.
O director da fábrica de Balaídos agradeceu o apoio da Casa Real a esta planta. E é que é a sexta vez que un rei a visita nas súas seis décadas de historia. Filipe VI estivo como príncipe no 96 e no 2013, e hoxe volve como rei con motivo dun novo lanzamento comercial da compañía.
Durante preto de dúas horas estivo o Rei na planta de Balaídos. Visitou o taller de baterías e as liñas de produción e probou un dos seis modelos de furgoneta que Stellantis lanza na súa versión eléctrica. Na visita estivo acompañado polo presidente da Xunta e a ministra de Traballo e altos directivos da compañía.
Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.148