SALVATERRA DE MIÑO
Patricia Mariño, nova Portavoz Municipal do BNG en Salvaterra de Miño
Javier Viéitez será novo concelleiro en substitución de Xosé Antón Outeiro “Tití”
O BNG vén de anunciar a renovación do seu grupo municipal en Salvaterra de Miño. Patricia Mariño será a nova Portavoz Municipal da formación nacionalista, mentres que Javier Viéitez tomará posesión como novo concelleiro do BNG na localidade, substituíndo ao ata agora portavoz, Xosé Antón Outeiro “Tití”.
Mariño e Viéitez aseguraron asumir as novas responsabilidades “con ilusión e co compromiso de traballar día a día velando polos intereses da veciñanza e dando a coñecer o proxecto político que o BNG ten para unha Salvaterra con futuro”.
O Bloque sinalou que, con esta renovación, abre “unha nova etapa co obxectivo de ampliar a nosa base social e fortalecer a presenza municipal, tendo como prioridade dar voz aos problemas reais das veciñas e veciños de Salvaterra e ofrecer as nosas propostas para resolver as súas demandas”.
Con este traballo, pretenden “consolidarse como alternativa política, demostrando que o BNG é quen de construír proxectos municipais innovadores, como xa vemos nos concellos gobernados polo Bloque na nosa comarca do Condado”
“Dende o BNG pómonos xa en marcha reorganizándonos, renovando e fortalecendo a nosa organización local, dando paso a novos referentes tanto nas institucións como nas responsabilidades orgánicas, co obxectivo de acadar no 2023 o goberno municipal para darlle vida e transformar Salvaterra de Miño”, aseguraron.
Por último, a organización local do BNG quixo amosar o “enorme agradecemento” a Xosé Antón Outeiro “Tití”, que seguirá formando parte do Bloque e de quen salientaron “a súa capacidade de traballo e a seriedade e rigor co que desenvolveu a súa labor sendo concelleiro na oposición dende o 2014 en defensa da veciñanza de Salvaterra de Miño”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217