Viernes, 20 de Marzo de 2026

Actualizada Viernes, 20 de Marzo de 2026 a las 08:34:33 horas

Xornal21.es
Martes, 16 de Noviembre de 2021 Tiempo de lectura:
MOS

Comeza a mellora do interior da Urbanización de San Eleuterio en Tameiga

Atópase en execución o asfaltado dos viais interiores e o muro da nova área exterior dedicada a lecer e descanso ao aire libre

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, o arquitecto municipal, Manuel Toucedo, e a deputada autonómica da parroquia de Tameiga no Parlamento de Galicia, Feli Rodríguez, visitaron onte as obras de mellora na Urbanización de San Eleuterio. Nestes intres atópanse realizando labores de reposición do firme nas rúas interiores da urbanización e de construcción dun muro na nova zona de esparcemento ao aire libre que se está a habilitar. Os traballos de asfaltado quedarán rematados mañá.

 

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia concedeulle ao Concello de Mos un Plan Hurbe para acometer este proxecto de mellora da Urbanización de San Eleuterio.

 

Esta liña de subvencións, impulsada polo Goberno galego, ten por finalidade humanizar as vilas galegas e frear o despoboamento, potenciando para elo as infraestruturas e servizos e mellorando o benestar e a calidade de vida da súa poboación.

 

A axuda concedida para a mellora da Urbanización de San Eleuterio supera o 70% do custo total da actuación.

 

 

 

 

O orzamento da obra ascende a 90.000 euros dos que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda asume máis do 70%, un total de 63.000 euros

 

 

 

 

As obras de Mellora Interior da Urbanización de San Eleuterio, na parroquia de Tameiga, teñen finalidade de renovar fundamentalmente beirarrúas e pavimentos das vías de circulación e o acondicionamento dunha parcela municipal, coa finalidade de dotala de pavimento, vexetación e mobiliario urbano acorde co uso que se pretende. As obras previstas abarcan os conceptos de demolición dos pavimentos asfálticos en mal estado, de pavimentación de vías de circulación e sinalización horizontal e vertical e pavimentación do novo espazo de recreo e execución de muros de cachotería e plantación de especies arbóreas e instalación de mobiliario urbano.

 

O orzamento total da obra ascende a 90.000,00 euros, dos cales a Xunta de Galicia financia un total de 63.000 euros.

 

Neste senso os representantes municipais, Arévalo e Augusto, destacan o obxectivo do Goberno local mosense de avanzar no Plan Mos humanizado, no que esta mellora supón un paso máis. “Seguimos avanzando na nosa folla de ruta neste senso. A devandita folla de ruta marca como un dos principais obxectivos da administración local construír o Mos das persoas, con espazos e infraestruturas habilitados para o uso e desfrute da veciñanza”, salientaron.

 

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda aposta por manter liñas de colaboración directa cos concellos para facilitarlles a execución de proxectos en materia urbanística e actuacións dedicadas tanto a crear ou recuperar equipamentos municipais, como a acadar a posta en valor das contornas urbanas.

 

O Plan Hurbe é un programa posto en marcha en 2010 pola Xunta.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.