TURISMO
Cabo Ortegal unha das candidaturas españolas a xeoparque mundial
A directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, participou esta semana en Valdoviño nun acto público para anunciar a decisión do Comité Nacional de Xeoparques
A candidatura de Cabo Ortegal será unha das dúas propostas que elevará España este ano ante o órgano da Unesco encargado de decidir que novos territorios se incorporan á rede de protección ambiental de xeoparques mundiais.
Durante un acto convocado en Valdoviño para dar a coñecer a decisión, a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, felicitou á Asociación para a xestión do Xeoparque do Cabo Ortegal como promotora da candidatura, así como a todas as administracións que nos últimos anos se implicaron na súa defensa e difusión ata lograr que fora seleccionada oficialmente.
Neste sentido, a responsable autonómica lembrou que a Xunta avalou expresamente e desde o principio a proposta que aspira a converter esta zona no segundo Xeoparque Mundial da Comunidade —en abril de 2019 foi proclamado o Xeoparque Montañas do Courel— e comprometeuse a seguir brindando o seu apoio ata que se coñeza a decisión final da Unesco a un proxecto que considera “gañador”.
Así, Do Campo explicou que ademais de expresar o seu respaldo inicial á candidatura a través dunha carta, nos últimos meses a Xunta interveu en dúas ocasións ante o Comité Nacional Español de Xeoparques para defender os valores e puntos fortes que fan de Cabo Ortegal un territorio idóneo para integrarse na rede de xeoparques. De feito, subliñou que a excepcional riqueza xeolóxica deste espazo foi o principal aval do proxecto e a modo de exemplo, indicou que das dúas candidaturas finalistas —a outra é Costa Quebrada, en Cantabria— foi a de Cabo Ortegal a que obtivo a maior puntuación.
Por todos estes valores e tras lembrar que o proxecto do Xeoparque do Cabo Ortegal superou un duro proceso de selección no que competían catro candidaturas, Belén do Campo considerou que Galicia afronta a recta final cun proxecto sólido e con moitas garantías de éxito xa que cumpre todos os requisitos para superar a deliberación definitiva por parte da Unesco. “Estamos ante unha aposta gañadora”, dixo.
Por iso, a responsable autonómica indicou que o respaldo do Goberno galego a esta candidatura e ao recoñecemento internacional do potencial deste territorio localizado ao norte da provincia da Coruña tamén se plasma en investimentos.
Do Campo subliña que a excepcional riqueza xeolóxica deste territorio foi o principal aval da proposta, que recibiu a maior puntuación das dúas escollidas este ano
Neste sentido, lembrou que o Xeoparque do Cabo Ortegal é un dos nove proxectos turísticos considerados aptos pola Xunta e o Goberno central para optar a 14,6 M€ dos fondos europeos Next Generation no marco da convocatoria extraordinaria dos Plans de Sustentabilidade Turística en Destino, o que lle permitirá modernizar e facer máis sostible a oferta turística do seu territorio, no que a xeoloxía actúa como elemento diferencial.
Así mesmo, Do Campo insistiu na importancia de seguir traballando para implicar activamente no proxecto aos distintos axentes sociais e á poboación local presentes neste territorio, un dos aspectos que máis valora a Unesco ao analizar as candidaturas.
Cómpre sinalar tamén que a zona incluída na proposta do Xeoparque do Cabo Ortegal conta cunha superficie de case 630 km2 e unha gran riqueza e variedade xeolóxicas. A declaración como Xeoparque daríalle un pulo definitivo a estes valores, abrindo novas oportunidades para garantir a dinamización social, cultural, turística e económica da súa área de influencia, que abrangue sete municipios e suma unha poboación de máis de 28.000 habitantes.
Ademais, este novo recoñecemento engadiríase ao resto de distintivos de protección ambiental cos que xa conta: catro zonas de especial conservación, dúas de especial protección de aves, dúas áreas de protección Ramsar e dous humedais protexidos.
Próximos pasos
Tras a decisión do Comité Nacional Español de Xeoparques, oficialízase a candidatura ante a Unesco de Cabo Ortegal, que poderá continuar a partir de agora co proceso de designación a nivel internacional. Así, España deberá informar das dúas propostas seleccionadas e remitir toda a documentación na que se detallan os traballos realizados ao longo das últimas décadas sobre eses espazos, así como a planificación prevista.
O próximo verán, avaliadores independentes visitarán ambas zonas e analizarán o grao de cumprimento dos criterios fixados pola Unesco para integrarse na rede mundial de xeoparques, o que sustentará a decisión final do Consello Executivo da Unesco, que se reunirá previsiblemente na primavera do ano 2023.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.171