Lunes, 10 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 19 de Noviembre de 2021 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Voluntarios de Mos e O Porriño participarán na Recollida do Banco de Alimentos

A acción solidaria, que se desenvolverá do 19 ao 25 de novembro en supermercados de toda a provincia de Pontevedra, contará coa presenza de voluntarias e voluntarios informativos as dúas primeiras xornadas, tanto o venres, 19, como o sábado, 20

Do mesmo xeito que na anterior edición, non se recollerán alimentos físicos, aínda que si contarán con voluntarios perfectamente identificados con petos do Banco de Alimentos e que trasladarán ás persoas que acudan ás superficies comerciais que, como a edición anterior, non se pode recoller comida de maneira física.

 

A recadacións económicas para alimentos, por motivos da pandemia, a volverá ser cento por cento virtual. Hai tres maneiras de colaborar: achegas económicas ao pasar pola caixa do supermercado, adquisición de cestas solidarias ou transferencia a través de www.bancoalimentosvigo.org e Bizum co código 01139.

 

Un ano máis, as superficies comerciais adheridas á #GranRecollida2021 xerarán un saldo froito desas doazóns a favor da ONG que será trocado por compras directas de alimentos ao longo de 2022. Cos 550.000 quilos de alimentos recadados durante a edición anterior, o Banco de Alimentos puido dar resposta a todas as necesidades xurdidas e, grazas a esa cifra récord de solidariedade nunca antes rexistrada, tamén se puido dar resposta ao incremento de persoas vulnerables ás que atenden.

 

Desde o Banco de Alimentos agradécese publicamente a implicación de todos os voluntarios que se mobilizarán no Porriño e Mos, xa que, grazas ao seu labor preténdese volver “ao contacto directo cunha sociedade comprometida e xenerosa que sempre respondeu á chamada da necesidade máis próxima”.

 

Este ano o padriño da #GranRecollida2021 é o actor vigués Pedro Alonso, recoñecido mundialmente pola súa interpretación de Berlín na Casa de Papel de Netflix, aínda que leva toda a súa vida profesional envorcado á interpretación, á vez que tamén é pintor e escritor. O pasado 2 de novembro, o novo embaixador recibiu o peto de voluntario durante o seu acto de presentación celebrado en Vigo.

 

A Fundación Provincial Banco de Alimentos repartiu máis de 2 millóns de quilos de comida durante 2020, un 17 por cento máis con respecto ao ano anterior, debido ao estalido da pandemia e as súas negativas consecuencias. Xa no primeiros seis meses deste 2021, entregou máis dun millóns de quilos de alimentos.

 

A ONG, apolítica e aconfensional, atende a máis de 20.000 persoas sen recursos na actualidade ás que chega a través das 150 entidades homologadas as que traballa. O seu principal obxectivo é cumprir cun dos dereitos humanos máis fundamentais: o acceso a unha alimentación suficiente, segura e saudable de maneira gratuíta.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.