Miércoles, 04 de Marzo de 2026

Actualizada Martes, 03 de Marzo de 2026 a las 21:57:35 horas

Xornal21.es
Martes, 23 de Noviembre de 2021 Tiempo de lectura:
TUI

O proxecto “Oficinas Efímeras” premios Gran de Area

O Concello de Tui amosa a súa satisfacción polo galardón recibido polo proxecto “Oficinas Efímeras” encargado polo Concello ao arquitecto Jorge Enríquez Méndez, que é un dos trece galardoados cos premios Gran de Area de Aportación á Arquitectura 2021.  


Dende o Concello saliéntase amais o feito de que sexan dous os arquitectos tudenses que recibirán no mes de decembro este premio, xa que Rubén Rodríguez Iglesias tamén está entre os galardoados polo proxecto “Un estuche en una caja. Apartamento no centro de Vigo”.


“Oficinas Efímeras” executouse no edificio Francisco Sánchez, Área Panorámica, para habilitar espazos provisionais para albergar a distintas asociacións do municipio.  Con caixas de cartóns de 20x40x70 apiladas e organizadas en diagonal executouse unha arquitectura efémera e pouco invasiva, que ao tempo controla a gran reverberación da sala.


Dende o Concello de Tui transmítese a felicitación tanto a Jorge Enríquez coma a Rubén Iglesias por estes premios que poñen tamén a Tui no mapa no mundo da arquitectura.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.