GALICIA
Feijóo salienta que a Xunta destinou máis de 37 m€ a impulsar a reactivación do sector turístico
Pon en valor que os fondos deste Plan de Choque impactaron, sobre todo, no tecido empresarial
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, salientou onte, en rolda de prensa, que o Plan de Choque da Xunta destinou máis de 37 millóns de euros a impulsar a reactivación do sector turístico tras a pandemia da covid-19.
Máis polo miúdo, o presidente da Xunta explicou que o 85% dos fondos dese Plan se destinaron a activar máis liñas de axuda encamiñadas á recuperación de subsectores como o turismo de congreso e a turoperación, á mellora das infraestruturas turísticas ou á adaptación aos protocolos ante a covid-19.
Os 6 millóns de euros restantes están sendo destinados a infraestruturas turísticas singulares, tecido asociativo ou a creación de novos produtos, entre outras medidas.
Lembra que o Goberno galego destinou 90 millóns de euros nos plans de rescate para axudar á hostalería a superar as consecuencias das restricións
Por outra banda, Feijóo puxo en valor que os fondos deste Plan de Choque impactaron, sobre todo, no tecido empresarial. Deste xeito, deses 31,2 millóns de euros: 22,3 M€ foron a parar ao empresariado turístico; 4,5 M€ aos concellos; 4,2 M€ aos particulares, e 150.000 € para o tecido asociativo do Camiño.
A maiores, o presidente da Xunta lembrou que o Goberno galego destinou 90 millóns de euros nos plans de rescate para axudar á hostalería a superar as consecuencias das restricións.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217