Viernes, 20 de Marzo de 2026

Actualizada Viernes, 20 de Marzo de 2026 a las 17:18:10 horas

Xornal21.es
Jueves, 18 de Noviembre de 2021 Tiempo de lectura:
MOS

Os afectados pola estrada provincial Puxeiros-Mos piden unha reunión urxente con Deputación

Esta mañá reuníronse coa alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, no Centro Dotacional de Torroso, pero reclaman unha reunión urxente a tres bandas na que estea presente Gregorio Agís, Deputado de Infraestruturas e Vías Provinciais

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, e Sara Cebreiro, reuníronse esta mañá no Centro Dotacional de Torroso con representantes das asociacións das parroquias do municipio afectadas pola estrada provincial Puxeiros-Mos, que son Dornelas, Torroso, Mos e Tameiga.

 

A xuntanza foi convocada a petición dos representantes veciñais para analizar os pasos dados e os pendentes respecto do proxecto de humanización da estrada Puxeiros-Mos comprometido pola Deputación de Pontevedra.

 

Posto que o presente ano 2021 está chegando ao seu fin, a preocupación e incertidume veciñal é crecente, dada a demanda histórica por parte destes colectivos da tan necesaria humanización, que levan reclamando tanto tempo.

 

Na última reunión celebrada sobre este tema a tres bandas entre Concello, Deputación e representantes veciñais, a administración provincial adquiriu o compromiso de comezar a humanización co proxecto dun primeiro tramo que englobaría a parroquia de Mos, por ser pola que transcorre o Camiño de Santiago, e continuar con Dornelas como seguinte proxecto.

 

O proxecto da primeira fase relativa ao tramo da parroquia de Mos chegou ao Concello, quen lle trasladou á Deputación puntualizacións importantes a ter en conta sobre o mesmo.

 

Por outra banda, a segunda fase que mellorará o tramo correspondente á parroquia de Dornelas, conta tamén con proxecto rematado, según puideron saber os representantes municipais, á espera de que lle sexa trasladado ao Concello de Mos para a súa correspondente supervisión e revisión técnica.

 

Ante a lentitude do proceso e a longa espera por parte da veciñanza, os representantes das asociacións piden que se axilicen o máximo posible ambos proxectos e piden unha nova reunión urxente, a tres bandas, entre eles, representantes e técnicos municipais e da Deputación e o deputado de Infraestruturas e Vías, Gegorio Agís,  para valorar os proxectos da primeira fase en Mos e segunda fase en Dornelas da humanización da estrada Puxeiros-Mos.

 

Desde o Concello de Mos saiu esta mesma mañá unha carta da alcaldesa dirixida a Agís solicitando a devandita xuntanza con carácter urxente.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.