TURISMO
Chega o tren de hidróxeno
O obxectivo deste proxecto é substituír unha tracción ferroviaria contaminante, como é a impulsada por motores diésel, por unha fonte de enerxía limpa, o hidróxeno, que só emite vapor de auga á atmosfera. Desta maneira, a unidade Civia, de tracción eléctrica, poderá circular tamén por tramos non electrificados.
Unha vez concluída a instalación desta propulsión bi-modo (eléctrica e hidróxeno), cara a mediados de 2022, iniciarase un período de probas co fin de comprobar as capacidades do hidróxeno aplicado á tracción ferroviaria. O consorcio analiza neste momento as liñas sobre as que se poderían realizar estas probas, teniendo en cuenta o seu potencial e os seus beneficios ambientais.
O proxecto FCH2 Rail (Fuel Cell Hybrid Power Pack for Rail Applications) está financiado pola asociación público-privada Fuel Cell and Hydrogen Joint Undertaking (FCH JU), impulsada pola Unión Europea, dentro do seu programa Horizonte 2020. A FCH JU apoia a investigación de tecnoloxías enerxéticas limpas de carbono, e en particular, do desenvolvemento da pila de hidróxeno.
Para Renfe, este compromiso está integrado no seu modelo de xestión empresarial, a través dunha estratexia que impulsa a responsabilidade social, o coidado do medio ambiente, a igualdade, a cultura, a ética e a transparencia, en todos os seus ámbitos de actuación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.171