Lunes, 22 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Martes, 23 de Noviembre de 2021 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

Fernández-Tapias participa na parada de ‘Camiño da innovación’ en Salvaterra

Trátase da décima parada das 18 que fará o tráiler polas catro provincias galegas nos meses de novembro e decembro, prestando asesoramento e formación

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, xunto á alcaldesa Marta Valcárcel, achegáronse onte  ata a praza da Constitución para participar na iniciativa Camiño da Innovación, posta en marcha pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación (Gain). Trátase dun espazo itinerante que realizará 18 paradas nas catro provincias galegas durante os meses de novembro e decembro, co obxectivo de prestar asesoramento ás pemes e difundir entre elas a necesidade e a oportunidade de innovar, como factor clave para gañar competitividade e medrar.

 

Esta iniciativa enmárcase no Programa de Impulso á Innovación nas Pemes posto en marcha pola Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, dotado con 12M€ para axudar ás pemes e microempresas galegas a investir en innovación. A través das distintas actuacións, tratarase de promover que as empresas que non innovan inicien a senda da competitividade baseada no coñecemento e, principalmente, tratarase de dinamizar aos tecidos empresariais dos núcleos non urbanos.

 

 

 

 

Durante o encontro, Atendo Calidade, Utingal e Cerámicas Técnicas Galegas representaron ás pemes innovadoras da contorna como casos de éxito

 

 

 

 

Experiencia de primeira man
En cada etapa ofrecese asesoramento personalizado a pemes por parte de técnicos de Gain para analizar as oportunidades de innovar e como poñela en marcha. O obxectivo é atender máis de 200 consultas na xira, axudando a cada empresa a elaborar unha folla de ruta para poñer en marcha plans de acción que se materialicen en resultados tanxibles.


Ademais, celebrase un encontro onde se presentan exemplos de pemes innovadoras da contorna. No caso concreto de Salvaterra a representación correu a cargo de  Atendo Calidade –especializada no coidado das persoas maiores–, Utingal –utillaxes e bens de equipo para os sectores aeronáutico, automoción e servizos– e Cerámicas Técnicas Galegas –fabrica e comercializa pezas de cerámica técnica para diferentes aplicacións industriais. Tres casos de éxito que están a competir en mercados internacionais e que demostran que a innovación se pode poñer en marcha en calquera sector e empresa.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.