• Fotos de Lectores
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
  • Iniciar sesión
  • Regístrate
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia

Sábado, 22 de Agosto de 2026

Actualizada Viernes, 21 de Agosto de 2026 a las 22:41:35 horas

  • Portada
  • Vigo
  • Redondela
  • A Louriña
    • O Porriño repara las pasarelas del sendero del río Louro con una inversión de 17.758 euros

      O Porriño repara las pasarelas del sendero del río Louro con una inversión de 17.758 euros

    • Mos
    • O Porriño
    • Salceda de Caselas
  • O Condado
    • Ponteareas logra 1,5 millones para convertir MercaTea en un mercado inteligente

      Ponteareas logra 1,5 millones para convertir MercaTea en un mercado inteligente

    • Ponteareas
    • Salvaterra de Miño
    • Mondariz
    • Mondariz Balneario
    • As Neves
  • Baixo Miño
    • Tomiño subasta madera de 13 fincas por incumplir la limpieza

      Tomiño subasta madera de 13 fincas por incumplir la limpieza

    • Tui
    • Tomiño
    • A Guarda
    • O Rosal
    • Oia
  • Val Miñor
    • 'Tilducha' recibe el Lazo de Honor de Baiona

      'Tilducha' recibe el Lazo de Honor de Baiona

    • Nigrán
    • Baiona
    • Gondomar
  • Provincia
  • Galicia
  • Deportes
  • Más Noticias
    • La Xunta inyecta 15 millones en innovación para más de 500 empresas gallegas

    • Motor
    • Sucesos | Sociedad
    • Cocina - Gastronomía
    • Actualidad
    • Turismo
    • Salud
    • Seguridad
    • Libros
    • Cine | TV | Videojuegos
    • Empresa y comercio
    • Solidarios
    • Cultura | Espectáculos
    • Hogar
    • Humor
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia
  • Portada
  • Vigo
  • Redondela
  • A Louriña
    • Sección A Louriña
    • Mos
    • O Porriño
    • Salceda de Caselas
  • O Condado
    • Sección O Condado
    • Ponteareas
    • Salvaterra de Miño
    • Mondariz
    • Mondariz Balneario
    • As Neves
  • Baixo Miño
    • Sección Baixo Miño
    • Tui
    • Tomiño
    • A Guarda
    • O Rosal
    • Oia
  • Val Miñor
    • Sección Val Miñor
    • Nigrán
    • Baiona
    • Gondomar
  • Provincia
  • Galicia
  • Deportes
  • Más Noticias
    • Sección Más Noticias
    • Motor
    • Sucesos | Sociedad
    • Cocina - Gastronomía
    • Actualidad
    • Turismo
    • Salud
    • Seguridad
    • Libros
    • Cine | TV | Videojuegos
    • Empresa y comercio
    • Solidarios
    • Cultura | Espectáculos
    • Hogar
    • Humor
  • Iniciar sesión
  • Regístrate
  • Fotos de Lectores
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
Xornal21.es
Jueves, 25 de Noviembre de 2021 Tiempo de lectura:
VIGO

A UVigo acada 3,5 M€ para equipamento científico-técnico de última xeración

Imaxe do espectómetro de masas que se vai adquirir no CACTI.Imaxe do espectómetro de masas que se vai adquirir no CACTI.

Os fondos destinaranse a unha embarcación híbrida e a novos equipos para CIM e CACTI

A Axencia Estatal de Investigación, pertencente ao Ministerio de Ciencia e Innovación, resolveu esta semana a concesión de 3,5 millóns  de euros á Universidade de Vigo para a adquisición de equipamento científico-técnico de última xeración no marco do Plan estatal de investigación científica e técnica e de innovación 2017-2020. Estes fondos permitiranlle agora á institución académica viguesa dotarse dunha moderna embarcación híbrida e amigable co medio, así como reforzar o seu Centro de Investigación Mariña, CIM, e o CACTI –Centro de Apoio Científico Tecnolóxico á Investigación- de dous novos equipos de tecnoloxía punteira, un deles, único en España, dirixido á realización de estudos sobre paleoclima.

 

“Esta foi unha convocatoria moi especial, xa que era a primeira vez en anos que se financiaba ao cen por cen as infraestruturas e desde a Universidade implicámonos moito nela”, salienta a vicerreitora de Investigación Belén Rubio, ao que engadiu que en total se solicitaron 21 peticións. “Desde este punto de vista si se analiza a taxa de éxito foi de arredor do 15%, unha cifra que, aínda que a priori poida parecer non moi elevada, si se observa a cantidade total de fondos acadados está na media do conseguido nos últimos anos”, salienta a vicerreitora, ao tempo que explicou que, nesta ocasión, Galicia competiu ao mesmo nivel que todas as demais comunidades autónomas, mentres que noutros anos tíñase certa prioridade porque se consideraba unha comunidade deficitaria. “Este ano xa competimos todos ao mesmo nivel, polo que penso que é un logro importante nese sentido”, recalcou Rubio.

 

1,5 millóns para unha embarcación “moderna e verde” para o CIM

A solicitude á que se lle concede unha maior cantidade de financiamento é, con 1,5 millóns de euros, á nova embarcación do CIM, o que mellorará as capacidades da UVigo para a investigación oceanográfica costeira.  A idea é que estea dispoñible no prazo dun ano para  dar servizo con ela a toda a comunidade universitaria. “Estamos moi moi contentos con esta nova. Había moitas restricións na convocatoria sobre a solicitude de vehículos ou medios de transporte, pero finalmente conseguímolo”, salienta o director do CIM Daniel Rey, convencido de que esta embarcación terá un impacto enorme para o centro e para a Universidade de Vigo en xeral, xa que, entre outros aspectos, lles fará ganar unha grande autonomía á hora de planificar campañas, sobre todo de ámbito local, a escala da ría, da costa galega ou da propia plataforma. “Isto aforrará moitos trámites e acurtará tamén os tempos de planificación dos proxectos”, recalca o director do CIM.

 

A principal característica desta nova embarcación é que é híbrida enchufable, é dicir, que se pode recargar con baterías e operar en eléctrico nas manobras de atraque, a baixa velocidade ou cando se están a levar a cabo as mostraxes. “O feito de que poida apagar completamente o motor térmico e operar en eléctrico cando se están a facer as mostraxes é para nós unha gran vantaxe, pois non interfire nas medicións”, explica Daniel Rey, insistindo na idea de  que é a primeira embarcación que está pensada para que sexa amigable co medio ambiente. “A resolución do ministerio valorou a nosa capacidade para xerar unha proposta que minimiza o impacto dos vehículos térmicos e que é máis limpa tamén para operar nos portos e nas áreas de mostraxe”, recalcou o investigador.

 

Con 19 metros de eslora e cinco de manga, a nova embarcación pode denominarse de tamaño medio, é dicir, moito máis grande que os actuais vehículos acuáticos dos que dispón o CIM (Kraken, Indaga, Noctiluca…), “o que permitirá por exemplo realizar campañas na plataforma”, pero moito máis pequena que buques como o Sarmiento de Gamboa ou o Hespéride, “o que reduce os custes das operacións e diminúe a súa pegada de carbono”, tal como apunta Rey.

 

1,4 millóns para reforzar o Servizo de Nanotecnoloxía do CACTI

Dos 3,5 millóns outorgados á UVigo, 1.428.880 son para reforzar  a oferta de  espectrometría de masas de sólidos  xa existente no  Servizo de Nanotecnoloxía e Análise de superficies do  CACTI. O novo equipo será o primeiro deste tipo  que se instale en España e Portugal e  permitirá obter  información relativa á composición química, ás propiedades físicas e á estrutura  tridimensional dos materiais e dispositivos a escala  nanométrica, o que é de grande importancia para os novos desenvolvementos en  nanociencia e nanotecnoloxía.

 

“Permitirá realizar medidas   SIMS  en tres dimensións (3D), determinando a  topografía inicial da superficie, así como os cambios topográficos durante o experimento sen necesidade de extraer a mostra do instrumento”, explica a responsable do servizo, Carmen Serra, ao que engade que o novo equipo levará incorporado  un microscopio de forzas atómicas que proporcionará información complementaria sobre a topografía da superficie  e axudará a determinar outras  propiedades físicas. “A combinación destas dúas técnicas permite obter imaxes químicas  tridimensionais reais in situ”, considera Serra.

 

As aplicacións máis relevantes deste novo instrumento abarcan un abano moi amplo, desde os  semicondutores para a detección e cuantificación de metais traza e contaminantes, o estudo de  polímeros e  a súa degradación, produtos farmacéuticos para determinar a distribución dos diferentes compoñentes,  biomateriais para visualizar a distribución en alta resolución dos compostos moleculares moi relevante en aplicacións biolóxicas, pinturas e recubrimentos para determinar as súas características e estabilidade,  e outros materiais como vidros, cerámicas, papeis e metais.

 

600.000 euros para un equipo único no sur de Europa

Con preto de 600.000 euros o ministerio deulle tamén luz verde á solicitude asinada polo investigador do CIM Gianluca Marino, un sistema IRMS para a análise de isótopos estables de osíxeno e carbono e isótopos agrupados en carbonatos, un equipamento que se empregará, sobre todo, para facer reconstrucións paleoambientais e paleoclimáticas. Localizarase no CACTI e dará servizo a toda a comunidade investigadora interesada na posta en marcha deste tipo de estudos. “Trátase neste caso dun equipo moi novidoso, o primeiro que haberá a nivel nacional e incluso dos primeiros do sur de Europa”, explica a vicerreitora Belén Rubio, polo que se espera que, unha vez que estea posto en marcha e en funcionamento, esperte amplo interese entre a comunidade investigadora.

 

Noticia anterior:
O goberno de Vigo adxudica a prolongación ata Nicaragua das ramplas da Gran Vía
Noticia siguiente:
As entidades sociais de Vigo érguense contra a violencia de xénero
Comentarios Accede para comentar como usuario
Comentar esta noticia Accede para comentar como usuario

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.78

Todavía no hay comentarios

Actualidad

Uno de cada seis créditos al consumo se usa ya para pagar vacaciones

Uno de cada seis créditos al consumo se usa ya para pagar vacaciones

Cámaras, IA y geolocalización se coordinan para frenar los incendios en España

Cámaras, IA y geolocalización se coordinan para frenar los incendios en España

¿Puede un perro morir de pena? Diez curiosidades del corazón

¿Puede un perro morir de pena? Diez curiosidades del corazón

La sequía, el enemigo silencioso que avanza sin prisa, pero sin pausa

La sequía, el enemigo silencioso que avanza sin prisa, pero sin pausa

Opinión

Almaraz: una decisión que mira al futuro

Falta de oportunidad

Cruzar en rojo, el error que todos normalizamos

Guía de Servicios

Publicidad

Servicios y Comercio en Vigo

Liceo Marítimo de Bouzas

Vigo

Liceo Marítimo de Bouzas

986239244

Visitar web

Sucesos | Sociedad

Ocho helicópteros y dos aviones combaten el incendio activo en la parroquia de Nogueira

Ocho helicópteros y dos aviones combaten el incendio activo en la parroquia de Nogueira

La Guardia Civil inspecciona la venta de gafas para el eclipse en Pontevedra

La Guardia Civil inspecciona la venta de gafas para el eclipse en Pontevedra

La Guardia Civil desplegará 24.000 efectivos para el eclipse del 12 de agosto

La Guardia Civil desplegará 24.000 efectivos para el eclipse del 12 de agosto

Detenido en Cangas por cuatro robos a víctimas vulnerables

Detenido en Cangas por cuatro robos a víctimas vulnerables

Agenda

Agosto 2026
LunMarMieJueVieSabDom
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31      

Galicia

El relevo generacional no salvará a Galicia del desplome de su población activa

El relevo generacional no salvará a Galicia del desplome de su población activa

Galicia reivindica el valor de su agua con un llamamiento al consumo responsable

Galicia reivindica el valor de su agua con un llamamiento al consumo responsable

Provincia

La Deputación suma 55 concellos a su servicio digital de padrón municipal

La Deputación suma 55 concellos a su servicio digital de padrón municipal

La Xunta impulsa cinco proyectos estratégicos en Pontevedra con 2,2 millones

La Xunta impulsa cinco proyectos estratégicos en Pontevedra con 2,2 millones

Deportes

Mos y Redondela se unen a través del deporte con la Santiaguiño Challenge 10K

Mos y Redondela se unen a través del deporte con la Santiaguiño Challenge 10K

Támara Echegoyen, premiada como mejor deportista oceánica tras su histórica vuelta al mundo femenina

Támara Echegoyen, premiada como mejor deportista oceánica tras su histórica vuelta al mundo femenina

Vicente Cid se corona campeón de la Regata Rías Baixas con el Deep Blue

Vicente Cid se corona campeón de la Regata Rías Baixas con el Deep Blue

Motor

MG ZS, Lynk & Co 01 y SEAT Arona lideran las ventas de ocasión en 2026

MG ZS, Lynk & Co 01 y SEAT Arona lideran las ventas de ocasión en 2026

Salud

La Xunta mantiene abiertas las ayudas de 12.000 euros anuales para enfermos de ELA

La Xunta mantiene abiertas las ayudas de 12.000 euros anuales para enfermos de ELA

Tomate, calabacín o plátano: los aliados de la nevera para dormir mejor en las noches de verano

Tomate, calabacín o plátano: los aliados de la nevera para dormir mejor en las noches de verano

La anafilaxia, la reacción alérgica mortal que se multiplica en verano

La anafilaxia, la reacción alérgica mortal que se multiplica en verano

Turismo

El calor extremo no frena el turismo en España, pero cambia las preferencias

El calor extremo no frena el turismo en España, pero cambia las preferencias

Hogar

Los municipios más baratos para comprar casa en España están por debajo de los 400 euros el metro cuadrado

Los municipios más baratos para comprar casa en España están por debajo de los 400 euros el metro cuadrado

Cómo facilitar el envejecimiento en las viviendas unifamiliares de Galicia

Cómo facilitar el envejecimiento en las viviendas unifamiliares de Galicia

Los hogares del futuro serán más saludables y adaptables, según un informe

Los hogares del futuro serán más saludables y adaptables, según un informe

Seguridad | Protección Civil

Lo que debe saber sobre tormentas eléctricas y rayos. Medidas de protección

Lo que debe saber sobre tormentas eléctricas y rayos. Medidas de protección

Cómo mantenerse a salvo en caso de terremoto

Cómo mantenerse a salvo en caso de terremoto

O goberno de Vigo adxudica a prolongación ata Nicaragua das ramplas da Gran Vía

As entidades sociais de Vigo érguense contra a violencia de xénero

Portada

Directorio de servicios
Galicia Galicia
Provincia de Pontevedra
Concellos
Gestiones
Guía Comercial
Clasificados
  • Mas contenido de Xornal21:
  • Fotos de Lectores
  • Hemeroteca
  • Encuestas
  • Agenda
  • Nosotros | Gupo Xornal21
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia
Xornal21 | Términos de uso | Protección de datos
© 2026 | Todos los derechos reservados

Accede a tu cuenta

Con tu cuenta registrada
Olvide mi contraseña

Resetear contraseña

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.

Volver a acceder