Viernes, 01 de Mayo de 2026

Actualizada Viernes, 01 de Mayo de 2026 a las 21:56:01 horas

Xornal21.es
Miércoles, 24 de Noviembre de 2021 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación aconsella aso Concellos non modificar os coeficientes da Plusvalía

O deputado Carlos Font destaca nunha xuntanza na que estiveron 21 dos 26 concellos delegantes a rapidez na resposta e a transparencia do órgano da Deputación

A xuntanza telemática urxente convocada polo ORAL da Deputación de Pontevedra para informar sobre os efectos do novo marco legal do imposto da Plusvalía aos  26 concellos que delegaron a súa xestión no órgano provincial contou coa presencia de máis dunha trintena de técnicos e responsables municipais de 21 concellos. O acto foi presentado polo deputado de Economía e Facenda, Carlos Font, quen destacou a rapidez do ORAL para dar resposta ás dúbidas abertas pola sentenza do Tribunal Constitucional e a subsecuente aprobación do Real Decreto Lei 26/2021 “que fan que nos movamos nun relativo grado de incerteza”.

 

Font insistiu na aposta  da Deputación pola transparencia e o esforzo do persoal do ORAL por elaborar unha información detallada, concello a concello, que permitirá tomar as decisións máis adecuadas dende o punto de vista da seguridade xurídica e a defensa dos intereses locais. Na xuntanza participaron tamén a directora do ORAL, Inmaculada Viñas, e boa parte do  persoal directivo.

 

O ORAL informou polo miúdo aos 21 concellos presentes de tódolos efectos derivados da nova regulación do imposto e envioulles un dossier individualizado aos 26 que teñen delegada a recadación deste tributo. Da análise dos datos, estímase que, cando menos a curto prazo, non se aconsella modificar os coeficientes municipais para o cálculo da liquidación nos concellos  nos que o ORAL xestiona  o imposto,  toda vez que as simulacións  derivadas da nova fórmula de cálculo non albiscan unha caída na recadación estimada. Ademais, durante a sesión analizouse o estado actual das liquidacións pendentes, é dicir as que estaban en trámite antes da sentenza do Tribunal Constitucional, así como os escenarios que resultan das diferentes interpretacións xurídicas.

 

 

 

 

O ORAL porá en marcha un simulador online para que as persoas contribuíntes calculen a liquidación cos dous métodos opcionais e poidan elixir a máis vantaxosa

 

 

 

 

O ORAL aproveitou a xuntanza para recalcar a obriga das persoas contribuíntes de seguir declarando este imposto, aclarando as dúbidas xeradas pola sobreinformación e todo tipo de interpretacións da resolución xudicial. Para facilitar esta obriga, o ORAL mantén no seu portal web un modelo de declaración específico para a Plusvalía, así como todo tipo de información tanto sobre a sentenza como a nova lei. Ademais, estase a traballar na posta en marcha dun simulador fiscal, cara finais de mes ou principios de decembro, que permitirá calcular as liquidacións en función das dúas opcións que ofrece a nova lei, é dicir en base ao modelo de cálculo por estimación obxectiva  ou na diferencia real entre o valor de compra e o de venda.

 

As liquidacións polo imposto de Plusvalía supuxeron, no ano 2020, un valor total de 2,7 millóns de euros nos 26 concellos delegantes e representaron case o 18% do volume total de liquidacións de ingreso directo xeradas  polo ORAL para os concellos durante ese exercicio fiscal.

 

O Órgano de Recadación da Deputación atende de xeito presencial, telefónico e telemático a case medio millón de persoas de 54 concellos dende os seus 23  centros de atención repartidos polo territorio provincial, nos que se ocupa non só da recadación municipal, senón tamén de servizos complementarios como a xestión catastral, así como o asesoramento técnico para a elaboración de ordenanzas municipais e trámites económico-administrativos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.