Domingo, 15 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 29 de Noviembre de 2021 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

Salceda opta a 1 millón e medio de euros de fondos europeos para o cambio de luminarias

O Concello de Salceda de Caselas ven de solicitar unha subvención ao IDAE (Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía) para o cambio de todas as luminarias do concello por importe de 1.435.031,82€, a cargo dos fondos europeos do programa de rexeneración e reto demográfico do plan de recuperación, transformación e resiliencia.


Con este cambio, que abarcaría 2.778 puntos de luz en todo o municipio, completaríase o proceso iniciado vai uns meses, cando se procedeu ao cambio das luminarias do casco urbano por parte da Concellería de Servizos Municipais, dirixida por Miguel González. Coa substitución das vellas luminarias de sodio polas modernas de LED, acadaríase unha redución do consumo enerxético do 70%, así como unha redución das emisións de CO2 á atmosfera.


Outro dos aspectos importantes é a mellora no servizo prestado a cidadanía, xa que as modernas luminarias de tecnoloxía LED contan con maior intensidade e claridade na iluminación. Ademais, estas novos puntos de luz contan cun sistema de telexestión, o que permitiría modificar a potencia lumínica segundo as necesidades e a situación do punto.


A solicitude feita enmárcase dentro da medida 4 do programa DUS 5000, que procura a loita contra a contaminación lumínica, alumeado eficiente e intelixente, Smart Rural e TIC. Este programa vai dirixido a concellos de menos de 5.000 habitantes, ou concellos de ata 20.000 habitantes con núcleos de poboación de menos de 5.000.


Miguel González, concelleiro de Servizos Municipais: “Continuamos traballando para chegar ao obxectivo de que o 100% das luminarias do concello conten con tecnoloxía LED, co importante aforro enerxético que conleva para a veciñanza e a redución de gases de efecto invernadoiro á atmosfera”.


Verónica Tourón, alcaldesa de Salceda: “Seguimos traballando para cumprir cos obxectivos da axenda 2030 e do PACES, para ter unha Salceda cada vez máis implicada co medio ambiente e coa cidadanía”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.