Miércoles, 04 de Marzo de 2026

Actualizada Martes, 03 de Marzo de 2026 a las 21:57:35 horas

Días de este evento:
Día Jueves, 25 de Noviembre de 2021

AXENDA

Pleno Ordinario en Tui

ORDE DO DÍA

A) Parte resolutiva:
1º.- Aprobación, se procede, do borrador da acta da sesión anterior núm. 5/2021 celebrada o 30/09/2021.

 

2º.- Toma de posesión de Alejandro Manuel Carrera Barreira á vista da credencial remitida
pola Xunta Electoral Central (2021-E-RC-6155 do 23/08/2021)

 

3º.- Expediente 2441/2021. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 18/11/2021, favorable á proposta de Alcaldía de data 10/11/2021, relativa á aprobación dos modelos de declaración de bens e actividades dos membros da Corporación.

 

4º.- Expediente 2463/2021. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 18/11/2021, favorable á proposta de Alcaldía de data 15/11/2021, relativa á aprobación inicial do Regulamento polo que se aproban os criterios para a prestación de Servizos en réxime de teletraballo no Concello de Tui.

 

5º.- Expediente 2317/2020. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 18/11/2021, favorable á proposta de Alcaldía, de data 18/11/2021, relativo ao acordo sobre a eficacia retroactiva dos efectos económicos da modificación da Relación de Postos de Traballo a 1 de xaneiro de 2021.

 

6º.- Expediente 2461/2021. Ditame da Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos Municipais de data 18/11/2021, favorable á proposta de Alcaldía de data 15/11/2021, relativa á aprobación inicial da ordenanza reguladora do estacionamento con horario limitado gratuíto (zona azul gratuíta).

 

7º.- Expediente 365/2020. Ditame da Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos Municipais de data 18/11/2021, favorable á proposta de Alcaldía de data 15/11/2021, de posta a disposición da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, O.A. dos terreos precisos para a realización das obras relativas á construción dunha pasarela peatonal na desembocadura do río Louro.

 

8º. Expediente 2705/2019. Proposta de Alcaldía de data 22/11/2021, de adxudicación da

concesión de obra pública para a redacción de proxecto, construción e explotación dun

aparcadoiro soterrado entre as rúas Ourense e Compostela, e urbanización exterior da superficie existente sobre o aparcadoiro e reposición de servicios afectados pola execución do aparcadoiro.

 

9º.- Mocións de urxencia.

 

B) Actividade de control:

 

10º.- Expediente 1426/2021. Dación de conta de información sobre morosidade e PMP - 2º Trimestre 2021.

 

11º.- Expediente 1427/2021. Dación de conta de información de execución trimestral do

Orzamento Xeral 2021 - 2º trimestre. Comunicación información LO 2/2012.

 

12º.- Expediente 2337/2021. Dación de conta de aprobación da información referida ó custo efectivo dos servizos no Concello de Tui para o exercicio 2020.

 

13º.- Expediente 2338/2021. Dación de conta de información sobre morosidade e PMP - 3º Trimestre 2021.

 

14º.- Expediente 2339/2021. Dación de conta de información de execución trimestral do

Orzamento Xeral 2021 - 3º trimestre. Comunicación información LO 2/2012.

 

15º.- Dación de conta de resolucións da Alcaldía de núm. 1484, de 27/09/2021 ata o núm.

1791, de 19/11/2021.

 

C) Rogos e preguntas:

 

16º.- Rogos e preguntas.

 

 

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.