GALICIA
A Xunta destaca a importancia do papel dos GES no sistema de atención ás emerxencias
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou onte aos efectivos do GES de Cervo que atende as incidencias deste concello e das de Alfoz, Foz, O Valadouro, Burela e Xove
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou aos efectivos do GES de A Mariña Central-Occidental con base en Cervo que atende as incidencias deste concello, así como as dos municipios de Alfoz, Foz, O Valadouro, Burela e Xove. Na súa visita destacou a importancia do papel dos GES no sistema de atención ás emerxencias e lembrou o compromiso do Goberno galego na dotación de equipamento aos servizos de emerxencias das entidades locais.
Así, a Xunta destinou nos últimos anos máis de 20 millóns de euros en material cedido aos concellos para que os seus servizos de emerxencias poidan levar a cabo con seguridade as súas intervencións. Desta contía, máis de 11 millóns de euros empregáronse en reforzar o equipamento das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) da comunidade e outros 7 millóns para os GES. No caso dos servizos de emerxencias de Cervo, o investimento acada os 142.000 euros na mellora do funcionamento e a dotación de equipamento do GES e da AVPC do concello.
A Xunta leva investidos máis de 142.000 euros no funcionamento e o reforzo de equipamento dos servizos de emerxencias do concello de Cervo
Entre o equipamento cedido pola Xunta ao municipio de Cervo nos últimos anos inclúese un todocamiño tipo pick-up, un furgón de emerxencias, unha moto acuática, un equipo de excarceración, un detector de gases, un desfibrilador, terminais tetra con GPS e un traxe e unha pértega para actuacións con niños de velutina.
A Xunta convoca ademais cada ano dúas ordes de axudas para mellorar o equipamento e para os gastos de funcionamento das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil. No caso da AVPC de Cervo o investimento realizado nos últimos anos ascende a máis de 6.200 euros.
Ademais de colaborar cos concellos en equipar aos seus servizos de emerxencias, a Xunta tamén forma aos seus efectivos na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) e no caso dos GES asume tamén máis da metade dos seus custos de funcionamento, con máis de 40 millóns de euros investidos nos últimos anos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.140